Encontro literario con Marta Estévez no Pazo da Peregrina
O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames organiza para este xoves, 25 de maio, un novo encontro literario no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, que terá lugar ás 20.00 horas. Desta volta, a autora protagonista será Marta Estévez (Vigo,1972), que presentará a súa primeira novela publicada, El secreto de las hermanas Asorey, de Plaza & Janes Editores.Estévez estará acompañada pola tamén escritora e xornalista Andrea Barreira Freije e pola concelleira de Cultura, Natividade González. El secreto de las hermanas Asore ambiéntase na Compostela no ano 1931. Nos albores da Segunda República, catro irmás afrontan a morte de seu pai, un reputado médico. Tilde, a maior, é autoritaria e pragmática; mentres que Tea, a segunda, é inestable e sofre dunha forte depresión. Eloísa, a terceira, é moderna e emancipada; e Celia, a menor, ten como principal obxectivo casarse. Todas pactan, por motivos secretos, esconder o cadáver, ata que a morte dunha rapaza que traballaba para a familia ameaza o seu acordo.
Temas
Más en Área
-
Educación alaba la cooperación “plena” y dará su apoyo en la transición de director en el Instituto do Milladoiro
-
Cuenta atrás para que Milladoiro tenga colegio con la ‘descarga’ que se prevé el próximo día 22 de la línea eléctrica enterrada
-
Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra y Muxía reforzarán la impulsión de agua desde el embalse a la ETAP
-
La obra ‘As r(h)umorosas´ logró agotar las entradas en Milladoiro