Así será Palmeira según Chipperfield

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade aprobou o proxecto para humanizar a travesía da localidade ribeirense en base ó deseño do prestixioso arquitecto británico // A obra licitarase no verán en 2,8 millóns // En marcha a mellora de tres estradas autonómicas en Arzúa, Boqueixón, Lousame e Touro

Recreación da imaxe que ofrecerá a travesía de Palmeira tras a obra de humanización que vai executar / xunta

Recreación da imaxe que ofrecerá a travesía de Palmeira tras a obra de humanización que vai executar / xunta / suso souto

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade aprobou o proxecto para humanizar a travesía de Palmeira, en Ribeira, cun investimento de preto de 2,8 millóns de euros e en base a un deseño da Fundación RIA, que preside o arquitecto británico David Chipperfield. As obras licitaranse no verán as obras para iniciar a súa execución no outono.

O obxectivo é transformar o treito urbano da AC-305 que discorre por Palmeira nunha rúa, adaptándoo aos diferentes contextos que atravesa, integrándoo e recuperando o seu carácter humano.

As obras realizaranse entre os puntos quilométricos 35+400 e 36+500. As actuacións proxectadas están dirixidas a reducir a velocidade máxima permitida a 30 km/h., priorizar a mobilidade peonil e reforzar as conexións transversais.

Tamén se prevé acompañar os sinais de límite de velocidade mediante ferramentas que xeren un carácter de vía lenta, como redución de ancho de carril, plataformas únicas ou arborado. Ademais, mellorarase a accesibilidade das vivendas lindeiras, na medida do posible, con pasos de 180 centímetros como mínimo.

Executarase unha banda verde que acompañará durante toda a intervención o percorrido entre a calzada e a beirarrúa, un xardín con céspede e flores que permitirá os percorridos transversais.

Asimesmo, a Xunta iniciou a mellora do firme en tres estradas autonómicas ao seu paso por Arzúa, Boqueixón, Lousame e Touro cun investimento de máis dun millón de euros. Na AC-308, en Lousame, será necesario o corte total da circulación durante as xornadas laborables, agás aos residentes e ao servizo público de transporte de autobús. O corte prolongaranse ata o remate dos traballos, previsto para o xoves 8 de xuño. En concreto, o horario destes cortes só será efectivo en días laborables: de luns a xoves de 09.00 a 19.00; e os venres entre as 09.30 e as 13.00 horas. Polo tanto, o tráfico restablecerase ó final de cada xornada.

O conxunto dos traballos previstos nas tres estradas conta cun prazo de execución de 6 meses, polo que o obxectivo é telos rematados este ano.

Por outra banda, a Deputación da Coruña levará ao pleno do vindeiro venres 26 un investimento de 923.074 euros para continuar coa pavimentación e mellora do vial provincial DP-1105 nos municipios de Lousame e Boiro. Esta estrada é un elemento fundamental na vertebración das comunicacións da comarca, xa que conecta Lousame, Boiro e Noia, polo que rexistra un importante volume de tráfico.

As obras darán continuidade ás efectuadas nos primeiros 5 quilómetros da estrada e consistirán na renovación da capa de rodaxe do tramo de 7,5 quilómetros da estrada que vai do punto quilométrico 5+550 ao 12+990 mediante unha capa de mestura de bituminosa en quente ao longo de toda a plataforma do vial.

A Deputación aprobará tamén as obras de humanización da avenida da Grabanxa, en Oroso, cun investimento de 518.548 euros. En concreto, remodelaranse as beirarrúas entra a Praza da Foca e o Camiño do Refuxio, unha das principais entradas e travesías de Sigüeiro, ca reposición dos servizos básicos de abastecemento e saneamento e a definición dunha nova aliñación do bordiño para facer despois novas beirarrúas, vados peonís e badéns.

Na mesma sesión, a Deputación aprobará un investimento de 732.542 € para a mellora da DP-1603 ao seu paso pola travesía de Ponte do Porto, nos concellos de Camariñas e Vimianzo, nun treito de 400 metros. Demoleranse as beirarrúas e bordos existentes e redistribuiranse as zonas axardinadas para construír novas beirarrúas mediante o emprego de formigón continuo.

PRAZA DE SAN ROQUE

A mencionada actuación contempla tamén a reordenación da Praza de San Roque coa colocación dun enlousado de pedra granítica abrindo a fonte e a praza ao seu contorno.

Finalmente, aprobaranse outros 211.266 € para mellorar a accesibilidade da rúa Compostela, en Carballo, entre a rotonda da Milagrosa e o cruce coas rúas Emilio González López e José María Castroviejo, renovando tamén as redes de servizos e da capa de rodadura.

Construiranse beirarrúas cun ancho mínimo de 1,95 metros; eliminarase a zona de aparcamento da marxe esquerda, e na dereita crearanse zonas verdes; e renovarase asimesmo a rede de saneamento de fecais.