Silleda chega a un acordo coa Zona Franca de Vigo para ampliar o polígono Área 33
O delegado da Zona Franca, David Regades, anunciou en Silleda a incorporación nos orzamentos do organismo estatal a financiación necesaria para o desenvolvemento “de xeito inmediato” da ampliación do polígono industrial Área 33.
A entrada en vigor do PXOM o pasado día 8 vai permitir o desenvolvemento deste solo, para o que Zona Franca está xa traballando no estudio de viabilidade do proxecto. No planeamento contémplase unha ampliación do parque empresarial Área 33 cunha superficie total de 334.243,52 metros cadrados, comprendidos entre a N-525 e a AP-53, e polo tanto cunha excelente conexión viaria.
Con esta ampliación, tamén se contempla unha zona verde de 27.274,082 metros cadrados no entorno do río Oisa.
As partes destacaron a importancia de este acordo para a economía silledense.
Temas
Más en Área
-
La Asociación de Mujeres Rurales de Val do Dubra reúne a 200 socias en su fiesta anual
-
A Estrada pon en valor os produtos agroalimentarios locais na segunda feira multisectorial de San Xorxe
-
Sofía Shizuko y Waydn unen su talento en un nuevo single titulado ‘como yo te quiero’
-
La residencia de Amicos pasará de 37 a 62 plazas y ofrecerá atención multidisciplinar personalizada