Premios Innovames con ministra para Barouta, Agro do Muíño e Milladoiro

A ministra Morant con docentes e alumnos de Barouta

A ministra Morant con docentes e alumnos de Barouta / Concello

A ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant, non só falou da importancia da ciencia na súa visita amesá, senón que conversou co alumnado e profesorado dos colexios que gañaron o concurso de Innovames 2022 para proxectos educativos innovadores, que recaeron no CEIP Barouta, no CEIP Agro do Muíño e IES do Milladoiro. Foi recibida polo alcalde, a subdelegada do Goberno e pola concelleira de Promoción Económica, ademais de por unha ampla representación de concelleiros, nesa visita que fixo este xoves ao centro coworking Espazo A Proa, no Milladoiro.