Medio Rural xestionará en Carnota a biomasa de 377 hectáreas preto de viviendas
A Consellería de Medio Rural xestionará directamente a biomasa preto das vivendas de sete concellos piloto seleccionados ao abeiro do convenio de defensa das aldeas, asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias.
Un deses concellos é o de Carnota, onde limparán franxas secundarias que abarcan unha superficie de 377 hectáreas preto das casas, distribuídas en algo máis de 9.600 parcelas. Unhas 46 hectáreas xa foron contratadas a Seaga para a súa adecuada xestión, segundo informou o conselleiro de Medio Rural, José González, durante a súa visita a Carnota, onde estivo acompañado polo alcalde, Juan Manuel Saborido; o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e a directora-xerente de Seaga, Mª Luisa Piñeiro.
Ademais, no municipio carnotán tamén se está traballando nun Perímetro de Alto Risco de Incendios (PARI), unha figura que ten por obxecto anticiparse aos lumes forestais adecuando as infraestruturas preventivas e a rede de faixas de xestión de biomasa situadas preto de vivendas. Estas actuacións abranguen 12 hectáreas.
Os outros concellos piloto son os de As Nogais (Lugo), Cualedro, A Gudiña, Monterrei e Lobios (Ourense) e Gondomar (Pontevedra).
Temas
Más en Área
-
Las Xornadas de Saúde Mental van a arrancar en Bertamiráns este viernes con 140 inscritos
-
La comarca de Deza se beneficiará con una nueva ambulancia de soporte avanzado este verano
-
Cae parte de un roble de nuevo en la carballeira de Santa Minia de Brión, obligando a cerrar el espacio
-
La reforma del consistorio de Ribeira destapa la falta de columnas y vigas en el aprovechamiento bajo cubierta