O historiador Xosé Mª Lema disertou sobre o hórreo galego en Portugal
O presidente do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, Xosé María Lema, convidado por Carlos Fernández Coto, presidente de Apatrigal, participou en Arcos de Vadevez (Portugal) no II Encontro Internacional da Rede Horrea, onde disertou sobre O contido inmaterial do hórreo galego, baseándose sobre todo no atlántico ou fisterrán, que el estudara con anterioridade coa colaboración de Carlos Fernández Concheiro.
No encontro participaron especialistas en hórreos portugueses, asturianos, leoneses, cántabros e galegos. Lema Suárez subliñou que son “edificios aínda en uso, pero cada vez menos”, e aínda que a principal función dos horreos galegos é “secar e conservar as mazarocas do de millo”, estas construcións xa existían antes de que este cultivo chegase a Galicia dende América. A este respecto, destacou que na Limia aínda se conservan soportes de hórreos romanos no campamento de Aquis Querquenis, e tamén aparecen ilustracións destas edificacións nas Cantigas de Santa María, do rei Alfonso o Sabio.
Nos últimos anos, estas construcións “perderon parte da súa función”, e parte dos hórreos “ás veces son só elementos case decorativos”, subliñou Xosé María Lema.
Temas
Más en Área
-
La comarca de Deza se beneficiará con una nueva ambulancia de soporte avanzado este verano
-
Cae parte de un roble de nuevo en la carballeira de Santa Minia de Brión, obligando a cerrar el espacio
-
La reforma del consistorio de Ribeira destapa la falta de columnas y vigas en el aprovechamiento bajo cubierta
-
Aparatoso choque sin heridos en el aparcamiento de autocaravanas de Milladoiro