Rianxo inicia a primeira fase da rede de saneamento do núcleo da Pousada, no Araño

O proxecto prevé conectar a nacalización á rede xeral no Carballal, cruzando a estrada autonómica AC-305, para dar servizo a un total de 25 vivendas do núcleo sen empregar ningún pozo de bombeo

Rianxo inicia a primeira fase da rede de saneamento do núcleo da Pousada, no Araño

Rianxo inicia a primeira fase da rede de saneamento do núcleo da Pousada, no Araño / suso souto

O Concello de Rianxo vén de abrir o proceso de licitación da primeira fase da obra de saneamento de Pousada, na parroquia do Araño, cun orzamento base de 222.357 euros.

O prazo para presentar as propostas rematará o vindeiro día 29.

O proxecto prevé conectar a nacalización á rede xeral no Carballal, cruzando a estrada autonómica AC-305, para dar servizo a un total de 25 vivendas do núcleo sen empregar ningún pozo de bombeo. Unha actuación previa nesta estrada antes da construción das beirarrúas do núcleo do Araño favorece este cruzamento.

Tras acometer as obras o proxecto recolle a reposición en asfalto quente de todo o pavimento por onde discorre a obra. O prazo que se lles da ás empresas para actuar é de catro meses, unha vez sexan adxudicadas as actuacións.

Este proxecto demorouse pola solicitude de permisos para pasar a rede por terreos particulares alternativos para facer o enlace coa estrada no punto máis axeitado.