Financian os equipos de aerotermia no concello de Catoira para aforrar enerxía

Redacción

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente de contratación dos traballos de mellora da eficiencia enerxética en instalacións de aerotermia sostibles en edificios municipais dos concellos de Catoira e As Neves. Esta actuación ten un orzamento de 115.000 € e conta cuncha achega de 102.821 euros ao abeiro do programa de axudas para inversións a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico (DUS 5000).

O obxectivo é a instalación de equipos de aerotermia conectados ás redes interiores de varios edificios co fin de aproximarse á descarbonización mediante o fomento das inversións en infraestruturas verdes, de maneira que se transite desde as enerxías fósiles ata un sistema enerxético limpo.

No caso de Catoira, a axuda de 62.491 euros servirá para actuar nos concello e centro cultural. No primeiro caso, as emisións reduciranse nun 55 %, mentras que no segundo pasarán de 36,1 a 15,7 kgCO2/m2 ao ano, unha redución de máis do 56 %.