Prohiben aparcar en dúas rúas do Milladoiro pola rodaxe da serie ‘El caso Asunta’

As zonas nas que non se pode aparcar están sinalizadas

A circulación por esas rúas si que está permitida

Imagen de la Nacional-550 a su paso por la ciudad de O Milladoiro

Imagen de la Nacional-550 a su paso por la ciudad de O Milladoiro / ECG

Redacción

O executivo amiense informou que dende as 08.00 horas deste xoves 20 e ata as 01.30 horas deste venres está prohibido estacionar na marxe dereita da rúa Xaquín Lorenzo (en dirección á rúa do Francés) e nun tramo da marxe esquerda da rúa do Francés, ambas vías situadas na localidade do Milladoiro. As zonas nas que está prohibido estacionar están sinalizadas. A circulación de vehículos por ditas rúas amienses está permitida.

Ditas prohibicións de estacionamento nas rúas Xaquín Lorenzo e do Francés están motivadas pola rodaxe que se vai facer nas mesmas da serie El caso Asunta que están levando a cabo actualmente en Galicia Netflix e Bambú Producións, con Candela Peña e Tristán Ulloa encarnando a Rosario Porto e Alfonso Basterra, os pais de Asunta, que a asasinaron en 2013 segundo determinou a Xustiza, asfixiándoa por sufocación.