A locomotora 'Sarita', restaurada: poderá visitarse na Fundación Cela a partir de setembro
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, visitou o centro con motivo da reunión do Padroado e comprobou o resultado das actuacións
Tras rematar a limpeza e saneamento da estrutura, ultímanse os traballos para realizar unha cuberta que a protexa e permitir a musealización

O conselleiro de Cultura e mebros do padroado da Fundación Camilo José Cela xunto á locomotora 'Sarita' que vén de completar a súa restauración / Xunta
Redacción
A Xunta de Galicia rematou a rehabilitación da locomotora coñecida como Sarita situada no Museo do Ferrocarril John Trulock -espazo que forma parte do Museo Camilo José Cela- coa intención de incorporala á museografía exterior da Fundación a partir de setembro. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou o museo, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, con motivo da reunión do seu padroado, onde puido comprobar o resultado das actuacións.
Cun investimento de máis de 45.000 euros, realizouse unha limpeza e saneamento da estrutura e agora estase ultimando unha cuberta que a protexa das inclemencias meteorolóxicas e facilite a súa observación. Tamén foi restaurada a cabina de condución e a cuberta do teito foi reconstruída totalmente por un taboleiro composto de partículas de madeira e resinas de alta densidade.

A estación de Cornes: de aquí partiu o primeiro tren de Galicia /
Por último, restauráronse e limpáronse todas as pezas de bronce como bucinas, reloxos de presión e temperatura, tubaxes de canalización de vapor e auga e o sombrerete superior da cheminea.
Os focos situados nas partes dianteira e traseira tamén foron sometidos a un proceso de recuperación e colocáronse novas barras de pasamáns de aceiro inoxidable pulido sen brillo. En definitiva, resume a Xunta, a Sarita foi desmontada, restaurada peza a peza, imprimada e pintada de novo coas cores orixinais de fábrica.
- Lunes de borrasca y lluvias intensas en Galicia... pero con el anticiclón en el horizonte
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- Crónica social compostelana | Cocido de la promoción de 1981 del Colegio Peleteiro
- Galicia aspira a ganar el Benidorm Fest: un jóven de Carballo, entre los grandes favoritos
- Más de 70.000 filloas: el Carnaval más dulce a 20 minutos de Santiago
- Conflicto de buses en Santiago: 'Se non hai avances poderiamos levar a asamblea a reactivación da folga
- Aviso a los conductores: una calle del centro de Santiago permanecerá cortada al tráfico durante 24 horas