Os asistentes á Romaría Vikinga non van poder subir ás Torres do Oeste
O Concello decidiu prohibir expresamente trepar a este monumento despois da denuncia de Apatrigal publicada neste xornal

Xente subida ás Torres do Oeste / t. rías baixas
A localidade pontevedresa de Catoira acollerá o vindeiro domingo día seis a edición número sesenta e tres da Romaría Vikinga, que, un ano máis, volverá xuntar a máis de cincuenta mil persoas para presenzar a recreación do desembarco e gozar das numerosas actividades lúdicas. Pero, por primeira vez, os asistentes non poderán subir ás históricas Torres do Oeste. Tras a reportaxe publicada o pasado día 23 por este xornal, ilustrada por unha imaxe na que se ve a numerosas persoas enriba das Torres e na que a Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal) reclamaba medidas urxentes, o Concello de Catoira decidiu prohibir expresamente trepar a dito elemento patrimonial, e pediu á Garda Civil que vixíe esas conductas.
O programa da Romaría Vikinga dará comezo xa este xoves co concerto de Paco Nogueiras na alameda ás 20.30 horas. O venres será a actuación do Mago Paco ás 19.30 e o sábado, o concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona, ás 19.30 h. O domingo, a dramatización do desembarco terá lugar ás 12.30. Logo serán as actuacións de Troula e Upsala Medieval. Ás sete da tarde celebraranse a Viquinguiña na alameda, coa actuación de Rudi Dudi, e os concertos de Clara Pino & Pablo Vidal e TOR.
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Una ciudad gallega, finalista a mejor Destino Nacional en los Premios Condé Nast Traveler
- Santiago se blinda ante el desalojo del edificio okupa de la Algalia de Arriba
- La huelga de autobuses de este lunes vuelve a poner en jaque el tráfico en Santiago
- Sin servicios mínimos: la huelga de buses vuelve a poner en jaque el tráfico en Santiago
- Las obras de modernización del Parador de Santiago obligan a cerrar la histórica puerta principal
- Galicia se congela con el aire polar: un nuevo frente de frío, nieve y granizo llega para comenzar la semana