Exitosa recreación da Batalla de Ponte Ledesma en Boqueixón

Este evento representa a batalla entre o exército do Deza contra o invasor francés

Recreación da batalla contra os franceses

Recreación da batalla contra os franceses / J. R. Moire

ECG

O campo do río de Ponte Ledesma foi escenario este domingo da recreación da histórica Batalla de Ponte Ledesma, organizada polo departamento de Cultura do Concello de Boqueixón. Desde a organización aseguran que o evento tivo moi boa acollida por parte do público. O evento consistiu na representación da batalla que nos primeiros días do mes de marzo de 1809 confrontou ao exército de Trasdeza (integrado na súa grande maioría polos labregos das zonas de Boqueixón, Vila de Cruces e Silleda, liderados polo capitán Benito Martínez, membro do Batallón Literario de Santiago) e ao exército de Napoleón, e que se saldou coa vitoria veciñal.

Na recreación participaron veciños de Boqueixón e os franceses da Asociación de Heroes de Casal do Eirixo (Valga), todos eles dirixidos polo actor Suso Martínez e o músico Manoele de Felisa. A organización agradeceu a cada un dos participantes nesta recreación o seu traballo, así como a colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta.

TEMAS