O Concello de Ames e Medio Rural colaboran na xestión da biomasa en máis de 30 hectáreas de monte
O acordo afecta tamén a trinta quilómetros de fraixas secundarias
Satisfacción municipal polo avance na loita contra os incendios
O alcalde de Ames, Blas García, e o concelleiro de Xestión do Medio Natural, Javier Antelo, reuníronse este luns á mañá co director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez Vázquez, para facilitar a xestión da biomasa de máis de trinta hectáreas de monte e de trinta quilómetros de vías denominadas faixas secundarias (este termo refírese a aquelas que están máis próximas ás vivendas).
A Consellería de Medio Rural comprometeuse a actuar no concello de Ames despois da reunión mantida co alcalde, e a continuar con 10 hectáreas e 10 quilómetros de vías de forma anual, tal e como reflicte o convenio de protección das aldeas, nado da colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a asociación pública Seaga, feito que o rexedor municipal cualificou como “un grande avance na colaboración entre administracións”, declarando que “o compromiso acadado pon de manifesto o empeño que temos tanto o Concello de Ames como a Dirección Xeral de Defensa do Monte na prevención dos incendios forestais”. Blas García finalizou alegando que “a mellor arma para loitar contra os incendios forestais é a prevención”.
Con esta xuntanza, tanto o Concello como o organismo dependente da Xunta de Galicia estreitaron lazos para realizar futuras actuacións en canto a limpezas subsidiarias se refire, concedéndolle á institución municipal a autonomía para actuar a través de Seaga. Tal como indican, “traducirase nun aumento no número de hectáreas e quilómetros de vías xestionadas, así como unha maior axilidade na execución das actuacións”.
Desde o Concello de Ames califican este acordo coa Consellería de Medio Rural como “importante”, xa que corrobora o seu “compromiso” en materia de prevención de incendios forestais.
Tamén indican que “fará posible un maior control sobre as zonas de interface urbana, garantindo o interese público da seguridade de persoas e bens”.
Temas
Más en Área
-
Espectacular vuelco de un camión en Arzúa del que alertó su propio conductor mediante una llamada al 112
-
Aromas de café en el Pazo de Goiáns
-
A Pobra activa un servicio gratuito de asesoramiento para 70 comerciantes
-
Las familias del colegio Barrie de la Maza aprueban tras dos décadas de votaciones la jornada única para Santa Comba