O comercio de Baio premiou aos clientes que participaron na campaña Punto Rojo con 1.200 euros en bonos

Foi promovida polo Concello de Zas para promocionar as compras nos establecementos locais

Os agraciados cos premios da campaña acompañados do alcalde e a concelleira Pilar García

Os agraciados cos premios da campaña acompañados do alcalde e a concelleira Pilar García / C. Zas

Redacción

A Praza Jorge Mira Pérez de Baio acolleu o acto de entrega dos premios da campaña de promoción do comercio local Punto Rojo celebradao o pasado mes de agosto e promovida polo Concello de Zas. En total repartíronse 6 bonos de 200 euros cada un para que as persoas afortunadas poidan gastalos antes do 30 de novembro nos máis de 60 establecementos comerciais que participaron na campaña. 

Os agraciados son Borja Lema García, Manuel Esteban Lema Pérez, Enrique Ferreiro Fuentes, María Pose Mouro, Juan Miguel Vázquez Pose e Sara Rodríguez Eiroa. Ao acto asistiron os propios premiados xunto co alcalde de Zas, Manuel Muíño; a concelleira, Pilar García; e representantes dalgúns dos establecementos participantes.