A Trastenda dos Contos estrea no Outono de Teatro o espectáculo inclusivo ‘É meu amigo!’

Catoxo, segundo esda., e Gema Santos, á dereita, na presentación

Catoxo, segundo esda., e Gema Santos, á dereita, na presentación / FIOT

O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo continúa esta semana coa estrea absoluta do espectáculo inclusivo É meu amigo!, da compañía A Trastenda dos Contos, creado para persoas xordas e ouvintes, no que a lingua de signos e a lingua oral contan e se integran por igual grazas ao traballo conxunto de Gema Santos e Caxoto.

“Cremos que a xestualidade da lingua de signos e a combinación da palabra e do xesto suma moito á hora de narrar contos”, apuntou Caxoto no acto de presentación, no que participaron, entre outros, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

Pola súa banda, Gema Santos salientou “a importancia de que a cultura visualice e conte, nas súas propostas, cunha lingua minorizada como é a de signos, que ademais dota de riqueza ao espectáculo”.

A estrea terá lugar este mércores, día 11 ás 18.00 horas, no Pazo da Cultura, con entrada libre ata completar a capacidade do auditorio carballés. Haberá espazos nas primeiras filas reservados para persoas e familias con diversidade aditiva.