Sábado Negro en trinta comercios de Noia con descontos do 20% en todos os seus produtos

Os clientes recibirán rascas con vales de 5 € para consumicións en 25 locais

Haberá degustación de chocolate con churros a partir das 18.00 horas

Alba Expósito e José Pérez presentando o Sabado Negro en Noia

Alba Expósito e José Pérez presentando o Sabado Negro en Noia / Noia Histórica

J. M. Ramos

Trinta comercios do colectivo Noia Histórica organizarán esta fin de semana o Sábado Negro, no que porán á venda todos os seus produtos cun 20% de desconto.

A campaña, inspirada no Black Friday americano, chega este ano a súa décimo terceira edición e os clientes, ademais de beneficiarse do desconto, serán convidados a degustar chocolate con churros a partir das 18.00 horas do sábado, día 11. Tamén recibirán uns rascas con premios de 5 € para consumicións en 25 locais de hostalería de Noia, os cales serán válidos tanto o sábado como o domingo, segundo explicou a xerente de Noia Histórica, Belén Arroniz.

Os comercios estarán abertos ata as 21.30 horas, e unha hora antes terá lugar a gala de entrega de premios da XXIV Mostra Curtas. O Sábado Negro foi presentado polo concelleiro de Turismo e Cultura, José Perez, e a presidenta de Noia Histórica, Alba Expósito.