Acto de homenaxe en memoria de Xan María Castro esta tarde no Pazo da Peregrina

O exsecretario xeral de Comisións Obreiras, falecido en novembro, era veciño de Ames

Xan María Castro

Xan María Castro / Cedida

Redacción

O Pazo da Peregrina acolle na tarde deste martes, 5 de marzo, un acto de recoñecemento en memoria do destacado sindicalista galego Xan María Castro, falecido o pasado mes de novembro. A homenaxe póstura, organizada polo Concello de Ames, terá lugar a partir das 18.30 horas.

Castro Paz, que era natural do barrio coruñés de Monelos, levaba moitos anos residindo no Concello de Ames. Desde o ano 2013 presidía a Fundación 10 de Marzo. Previamente, foi secretario xeral do sindicato Comisións Obreiras, cargo que desempeñou entre los anos 2000 e 2009.

O acto contará coa presenza do alcalde de Ames, Blas García; da secretaria xeral de CC.OO. de Galicia, Amelia Pérez Álvarez; e do fillo de Xan María Castro, Iago. Os tres plantarán unha árbore nos xardíns do Pazo da Peregrina e destaparán un elemento decorativo na honra de Castro.