A Xunta destina 5,5 millóns a dotar dun novo andar ao IES Aquis Celenis de Caldas

Rodríguez, esquerda, con Rey

Rodríguez, esquerda, con Rey

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, anunciou un investimento de máis de 6 millóns de euros en centros educativos de Caldas para 2024. En concreto, dixo que se fará a rehabilitación integral do CEIP San Clemente de César (425.000 €) e que este mesmo mes licitarase a ampliación do IES Aquis Celenis, “un proxecto que finalmente terá un orzamento de máis de 5,5 millóns, o que supera en máis de 2 millóns o inicalmente previsto”, destacou.

No que atinxe ao CEIP San Clemente de César, o proxecto está en redacción e licitarase en 2024. A actuación contempla o cambio de 760 m2 de cuberta e das fiestras que aínda non se mudaron, o illamento térmico e renovación dos aseos. A ampliación do IES Aquis Celenis farase en vertical, construíndo un novo andar sobre os xa existentes, con 2.400 m2, e actuarase sobre o edificio actual mellorando eficiencia enerxética e organización para crear novas aulas para ESO e Bacharelato e adaptar o centro ás recomendacións de espazos flexibles e polivalentes do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica. Rodríguez estivo acompañado do alcalde, Juan Manuel Rey.