Louban a afluencia á feira estradense do motor e antigüidades con gran demanda de pezas

Concentráronse máis de medio cento de vehículos clásicos e antigos

Continuará aberta este domingo, de 11.00 a 20.00 horas

Motocicletas e bicis clásicas no feiral estradense

Motocicletas e bicis clásicas no feiral estradense / Feira do Moble

A primeira xornada da Motor Classic 2023 e a Feira de Antigüidades e Artesanía convocou na capital de Tabeirós-Terra de Montes a un bo volume de xente, segundo a organización, sobre todo nas horas centrais desta xornada de sábado. Neste foro organizado pola Fundación de Exposición e Congresos da Estrada o mais salientable está a ser a diferenciación en diversas áreas da exposición (onde están a amosar vehículos, pero tamén con mercado de pezas, recambios e accesorios, antigüidades e artesanía), ao tempo que suliñan a profesionalidade das firmas participantes, sen olvidar a colaboración activa de clubes, asociacións e particulares.

Así, na zona habilitada para mostra de vehículos clásicos, ubicáronse máis de medio cento de máquinas (entre turismos, tractores e motocicletas), e a Escudería Estradense amosa nela (o feiral seguirá este domingo) un catálogo de vehículos de alta competición. Deste xeito, a media mañá o aparcadoiro de clásicos estaba repleto de vehículos, o que incrementou a mostra interior, todos con certificación de históricos ou clásicos de incalculable valor e con automóbiles dos anos 50 en adiante, pero incluso algúns anteriores, dos anos 30. 

A meirande parte das firmas expositoras de venda directa, así como vinte e cinco clubes, asociacións, empresas e particulares presentes na mostra, colaboran ca organización e son incondicionais do certame, participando tamén nas anteriores edicións. No referente á venda directa, pódese destacar que a presente edición está a ser respaldada por firmas maioritariamente procedentes de Galicia, complementadas coas chegadas de fóra da terra dos mil ríos, como Madrid, Asturias ou Portugal, entre outras. E o mercado de recambios, pezas, accesorios e complementos do motor, ubicado no pavillón cinco, foi o que concentrou maioritariamente a atención dos visitantes.

Algúns dos vehículos que se poden ver no foro  Motor Classic 2023 da Estrada

Algúns dos vehículos que se poden ver no foro Motor Classic 2023 da Estrada / Feira do Moble

Todo isto sen obviar a xa consolidadada Feira de Antigüidades e Artesanía que conta cun público moi fiel. Lembrar, ademais, que a entrada para acceder ao recinto é válida para os dous días que dura o feiral. Permanecerá aberto ao público en horario ininterrumpido de 11.00 a 20.00 horas.