A Xunta pon ao Centro Rural Agrupado de Ponteceso como referente en innovación educativa e no uso das novas tecnoloxías

Álvarez, dereita, no CRA de Ponteceso

Álvarez, dereita, no CRA de Ponteceso / Cedida

Suso Souto

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, destacou este xoves o potencial das escolas rurais dentro do sistema educativo galego tanto no eido académico, cun ensino de calidade e coas mesmas oportunidades que nos ámbitos urbanos, como no eido social e de servizos. Así o salientou durante unha visita ao Centro Rural Agrupado Nosa Señora do Faro, en Ponteceso, onde puido comprobar de primeira man todas as iniciativas educativas que se desenvolven neste centro que dá servizo aos concellos de Ponteceso, Malpica e Cabana a través de sete lugares de docencia que aglutinan 42 alumnos (19 de Infantil e 23 de Primaria). Este CRA é pioneiro na incorporación das novas tecnoloxías á educación e participa activamente en programas da Xunta como o Club de Ciencias e os Contratos-Programa. Conta con Polo Creativo e é centro plurilingüe. Desde 2002 participa en programas europeos de innovación educativa e en 2005 foi o primeiro centro de Primaria a nivel nacional certificado en calidade educativa pola ISO-9001 por Aenor, que renova cada ano. Ten nha colaboración estreita coas universidades galegas e coa Fundación Princesa de Girona con programas de mestres en prácticas e formación en novas metodoloxías.