Seiscentas persoas participaron no desfile de Entroido en Dubra

Os primeiros premios foron para O regreso dos dinosauros, As dúas en punto e Viaxe no tempo

Repartíronse case 2.600 € en galardóns e acudiron18 comparsas, 4 parellas e tres disfraces individuais 

Ambiente no certame de Entroido celebrado en Val do Dubra

Ambiente no certame de Entroido celebrado en Val do Dubra / Concello

Case 600 persoas participaron no desfile-concurso de disfraces de Val do Dubra no que se repartiron preto de 2.600 € en premios. O evento foi conducido pola presentadora da TVG Loly Gómez. En total, acudiron18 comparsas, 4 parellas e tres disfraces individuais conquistaron ao xurado, quen destacou a gran calidade e traballo de cada un dos atavíos, segundo a organización.

Os premios repartíronse do seguinte xeito: en Individuais o primeiro foi para O regreso dos dinosauros; segundo Papa Móbil e o terceiro quedou deserto. En Parellas gañou o deseño As dúas en punto, seguido do de As marquesas e Os axentes Romero Barrientos. Xa en Comparsas impúxose Viaxe no tempo, seguido de Rexedoiro e Arañas de Arabexo.

Dende o Concello transmitiron o seu agradecemento a cada un dos participantes e veciños que se achegaron. Tamén fixeron unha mención especial a Protección Civil de Val do Dubra, así coma os traballadores municipais e a concellería de Cultura polo esforzo e traballo desenvolto para esta festa, mentras que a SD Dubra estivo a cargo da cantina onde non faltou de nada para festexar. O vindeiro martes continuarase cos festexos cun desfile infantil.