A cultural Afonso Eanes do Cotón celebra no Val de Barcala os 10 anos da súa refundación
Vía a luz o 22 de decembro de 1976 no desaparecido cine Gran Vía de Negreira, e logo pasou por varias crises
O 7 de febreiro de 2014 organizaban una asemblea aberta, elexindo directiva o 14 de marzo con Vidal como presidente

Mozos e veteranos no ano 2014 cando se refundaba a cultural Afonso Eanes tras varias crises / AC Eanes
A Asociación Cultural Afonso Eanes, de Negreira e A Baña, celebrará no Val de Barcala onde naceu a primeira década da súa refundación. E que, hai que lembrar, a entidade vía a luz o 22 de decembro de 1976 no desaparecido cine Gran Vía da vila e, tras varias crises, a súa actividade remataba no ano 2007 limitada a unha xunta xestora para volver a vida o 7 de febreiro de 2014.
Agora, e baixo o lema 10 anos máis!, a mocidade e os veteranos que fixeron posible que renacera das súas cinzas reuniranse no bar Romero de Cabanas (A Baña) o vindeiro 9 de marzo. E faranno cun programa de actividades que arrincará ás 11.30 horas cunha asemblea xeral de socios e continuará ás 13.00 horas coa barferencia na que se presentará o libro Cociñeiras con talento. Mulleres e gastronomía de Galicia, de Xavier Castro. Ás 14.00 horas, sesión vermú con DJ Misa e logo cocido con filloas da pedra (anotacións no tf 627 162 939); sobremesa ás 17.00 horas coa actuación dos Atrevidos de Barcala e Cia e, pra rematar ás 18.00 horas, actuación de DJ Mr. Vieito.
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- El final de una bonita historia: la joven que buscaba a una pareja de ancianos de Santiago localiza a su hija
- No es spam: todo lo que debes saber del mensaje masivo del Sergas y el virus respiratorio sincitial
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro
