The Rapants vén de publicar o seu terceiro LP, un retrato fiel ao espírito da banda, ateigado de chiscadelas á vida muradá e que convida, desde o primeiro e até o noveno tema, a bailar sen pausa, esa é a esencia ‘rapante’. “Este é o disco que sempre quixemos facer”, aseveran Matías, Samu, Xanma e Xaquín, ao definir La máquina del buen rollo “coma unha aprendizaxe colectiva”, da que salientan a evolución do seu son. Xa dispoñible nas principais plataformas dixitais.