Ames envórcase cuns certames de narrativa e poesía que xa atraen a fillos de premiados
Cada unha das modalidades ten tres categorías segundo a idade, e galardóns de entre 300 e 140 euros
O prazo para presentar a ficha de participación, que xa está na web, remata o vindeiro 24 de abril
![Raquel Barbeito, esquerda, con Blas García e Rosa Moreira na presentación dos certames literarios amesáns](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/b0d8a44e-ba6f-47ac-9d38-98920547e482_16-9-discover-aspect-ratio_default_0.jpg)
Raquel Barbeito, esquerda, con Blas García e Rosa Moreira na presentación dos certames literarios amesáns / Concello
O salón de plenos do consistorio amesán acolleu a presentación da XXI edición do Certame Literario de Ames este mesmo luns. Trátase dunha das iniciativas culturais máis consolidadas no Concello, e serviu como plataforma de despegue de numerosos escritores e escritoras. Un ano máis, o obxectivo é a promoción da creación literaria en lingua galega como reforzo para a normalización lingüística do idioma.
Deste xeito, o alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, explicou que “o obxectivo primordial deste certame é difundir a creación literaria, así como a lingua e cultura galega. Este xa é un certame de referencia para os escritores e escritoras galegas. Participan persoas de Ames e do resto de Galicia, pero incluso chegan moitos traballos de fóra. Non participan porque os premios sexan moi elevados, senón porque este certame xa conta cun gran prestixio. Deste certame saíron moitos escritores e escritoras que acadaron o seu primeiro premio aquí e despois acadaron premios a nivel nacional”. Ademais, como anécdota dixo que xa se están presentando os fillos de escritores que obtiveron premios neste certame.
Pola súa banda, a técnica de Normalización Lingüística, Rosa Moreiras –tamén acudiu a traballadora municipal Raquel Barbeito–, destacou que se trata dun certame consolidado. “A convocatoria deste certame é das poucas que hai en Galicia que levan tantos anos e que se convocou todos os anos dende a súa creación. En todas as convocatorias sempre se recibiron multitude de traballos tanto de Galicia coma de fóra. É necesario que haxa este tipo de certames para que as persoas que comezan a escribir teñan algún lugar onde presentar os seus traballos, para que un xurado os valore, e poida obter algún premios se así o determina o xurado”, apuntou nese acto.
Dúas modalidades e categorías
O concurso ten dúas modalidades, narrativa e poesía, e cada unha delas componse á vez de tres categorías, de xeito que poden participar persoas de calquera idade. As nenas e nenos de ata 13 anos poden concursar na primeira categoría; a segunda está dirixida á rapazada de entre 14 e 17, e a terceira resérvase para persoas de 18 anos ou máis. Outorgaranse tres premios en metálico de entre 300 e 140 euros por cada franxa de idade en ámbalas dúas modalidades, e editarase un libro colectivo cos textos premiados.
Prazo ata o vindeiro mes
O prazo para enviar os textos, inéditos e en galego, remata o 24 de abril, e a ficha xa se pode descargar na web (hai que remitila ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames. Avenida de Azcárraga, número 5, Bertamiráns, 15220 Ames, A Coruña). Máis información no teléfono 662 377 215.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- La lluvia reaparece en el verano de Galicia: este es el pronóstico de MeteoGalicia para el fin de semana
- La misa y ofrenda floral en honor a Rosalía de Castro congregan a más una treintena de instituciones gallegas
- Dos menores heridas en Muros al saltar desde un puente cuando pasaba un barco por debajo
- Impresionante chalet de ensueño en Santiago de Compostela: a 10 minutos del centro y 30 de la playa, todo un lujo a buen precio
- Esta es la aldea gallega que se encuentra al borde de los acantilados más altos de Europa: en la provincia de A Coruña
- La ola de calor se atenúa en Galicia: el alivio será temporal porque así se prevé el tiempo
- Os premios Alba de Compostela conseguen unir a todos os membros da Corporación local