Síguenos en redes sociales:

Dodro, un patrimonio por descubrir

No municipio hai pazos, petroglifos, igrexas, castros e mámoas

Dodro, un patrimonio por descubrirCEDIDA

O pequeno municipio de Dodro agocha secredos por descubrir nas súas parroquias. Como exemplo, as súas igrexas, repartidas polo territorio: Santa María de Dodro, San Xián de Laíño ou San Xoán de de Laíño, así como as ermidas do Leite ou de San Amaro.

Tampouco faltan os petroglifos, como o de Bouza Adadín, as mámoas de Paradegua, en Bexo, ou o que queda dos castros, como o de Castro en Imo, Bexo, Lestrove, Monte Xián, ou Traxeito. Tamén poden visitarse os peroglifos de Pedra Redonda, Lomba das Pozas, A Carga, A Cabana, Padronelo e Outeiro dos Corvos. Entre os pazos do municipio están o de Lestrove, reconvertido para usos hostaleiros, o pazo de Tarrío ou o pazo de Ermida.

Outro dos atractivos da localidade é o Cruceiro de Avelán ou Bustelo, os seus hórreos, con especial importancia do conxunto de sete hórreos da Lavandeira, en Imo, e mesmo varios reloxos solares. Existen tamén unha chea de rutas de sendeirismo para coñecer a fondo a localidade, como a Ruta de Lestrove, a ruta de Alto da Paxareira ou a Ruta de la Cruz de Avelán. En total, un conxunto diverso de atractivos turísticos, fondamente arraigados á natureza, que ofrecen un amplo abano de intereses para todos os visitantes que queiran pasar uns días en Dodro.

Pulsa para ver más contenido para ti