Síguenos en redes sociales:

Reabre o faro Vilán coa exposición 'Unha paisaxe en cada paso' sobre O Camiño dos Faros

Estará aberto de mércores a domingo de 10.00 a 14.00 e de 15.00 a 18.00 horas

Reabre o faro Vilán coa exposición 'Unha paisaxe en cada paso' sobre O Camiño dos FarosAEPT

A Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas reabriu este xoves as portas do Edificio de Servizos Múltiples do Faro Vilán, onde veciños e visitantes poden visitar, un ano máis, o Centro de Interpretación de Naufraxios, Faros e Señalización Marítima da Costa da Morte, e a sala de exposicións, que inaugura a tempada coa exposición dedicada ao Camiño dos Faros que ten como título Unha paisaxe a cada paso.

Deste xeito o faro Vilán, o único visitable na Costa da Morte, recobra vida. Ata o verán as instalacións deste icónico espazo abrirán ao público de mércores a domingo, de 10.00 a 14.00 e de 15.00 a 18.00 horas, segundo informa a presidenta da asociación empresarial, Olga Campos. As súas salas acollerán ao longo do ano exposicións itinerantes e dende o faro ofrecerán tamén información turística.

Pulsa para ver más contenido para ti