Os cativos da escola infantil O Bosque de Ames coñecen o oficio de granxeiro nunha explotación

Un cativo subido a un burro nunha granxa da Escravitude

Un cativo subido a un burro nunha granxa da Escravitude / Cedida

Suso Souto

Os nenos e nenas da escola infantil municipal O Bosque, de Ames, están a dedicar este mes a estudar os distintos oficios. Para ver como se desenvolven algunhas das profesións que trataron nas aulas, visitaron unha granxa na Escravitude, onde os gandeiros lles explicaron en que consiste o traballo que desenvolven na explotación.

“Dar a coñecer aos máis pequenos e pequenas o seu entorno inmediato de forma que poidan desenvolverse no seu día a día é fundamental”, sinalan dende o executivo local en relación a esta actividade.

Deste xeito, o alumnado de dous a tres anos de idae do citado centro educativo puido ver os tenreiros e as vacas, coñeceu de primeira man como se alimentan e accedeu á sala de muxido. Ademais, os cativos tamén tuveron a oportunidade de subirse a un tractor e mesmo desfrutaron da compañía dun burro que traballa na mencionada granxa.

Esta visita enmarcouse na programación do denominado Mes dos Oficios, que estiveron estudando previamente nas aulas.