Vedra celebra o éxito da súa campaña do 8M, que tivo 81.657 visualizacións

Traballadoras da EIM de Vedra reunidas polo Día da Muller / concello

Traballadoras da EIM de Vedra reunidas polo Día da Muller / concello / ECG

ECG

O Concello de Vedra celebra o éxito da súa campaña Vedra en marzo é muller, desenvolvida a través da concellería de Muller e Igualdade durante o mes pasado. A iniciativa contou cunha programación sobre a visibilización da necesidade da igualdade efectiva e real entre homes e mulleres.

Dende o consistorio destacaron a campaña feita nas redes sociais co lema Nós facemos historia, mulleres visibles aquí e agora. Durante o desenvolvemeno da iniciativa tratouse de dar visibilidade a mulleres da vila coas súas historias, proxectos e percorridos vitais.

A campaña tivo un enorme éxito, tanto de seguimento como de participación, con 81.657 visualizacións en total, 1.848 Gústame entre as 31 publicacións que foron compartidas 111 veces. Ademais, dentro das iniciativas do mes tamén se levou a cabo a Segunda Andaina no Camiño da Igualdade, organizada conxuntamente polos concellos de Boqueixón, Touro e Vedra, e un acto de recoñecemento a todas as avoas no propio Día Internacional da Muller, baixo o lema Vedra é muller.