Melide e Padrón rexeitan unha planta de Greenfiber que afecta aos seus recursos

O rexedor José Manuel Pérez eleva a casi 700 las alegaciones melidenses

Desde a capital do Sar temen que afecte a auga potable que captan do Ulla

Mapa de Adega coa factoría prevista por Altri, á dereita, e as especies endémicas afectadas

Mapa de Adega coa factoría prevista por Altri, á dereita, e as especies endémicas afectadas / Adega

O Concello de Melide solicita á Xunta unha declaración negativa de impacto ambiental para o proxecto de Greenfiber e revisar a categoría de proxecto estratéxico. E dende o goberno de Padrón, tamén amosan o seu rexeitamento á implantación desta macrocelulosa en Palas de Rei, presentando alegacións “en defensa da calidade da auga potable” do municipio a un proxecto que “prexudicaría gravemente o interese xeral” da veciñanza e que deriva en consecuencias “desastrosas” para o segundo curso fluvial en importancia de Galicia (ao fío, o BNG da capital do Sar lembra que foi grazas á súa moción).

No caso do executivo melidense, din que foron preto de 700 as alegacións presentadas por rexistro ata o 17 de abril, e nunha misiva enviada á Consellería de Industria, o alcalde, José Manuel Pérez, expón as alegacións municipais nos ámbitos do proxecto industrial estratéxico, da afección territorial e urbanística, dende o punto de vista patrimonial e ambiental, así como para as infraestruturas asociadas e sobre o impacto na economía local.