Milleiros de persoas asistiron este venres no Pazo de Goiáns, en Boiro, á Romaría das Letras do Barbanza, que acolleu numerosas actividades. Os asistentes gozaron das exhibicións de elaboración de sancosmeiros e de encaixe de bolillos, presentacións literarias, actuacións musicais (entre elas as do grupo Ala Trío), postos de artesanía, etc. No xardín do pazo instalouse unha polbeira.