Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

Luis Pérez, esquerda, e Fernando Abraldes con Elena Rodríguez, Ángeles Betanzos e Julia Noya / Cedida
Suso Souto
O Concello de Ribeira conmemorou o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo rendendo unha homenaxe a tres mulleres que dedicaron as súas vidas ao marisqueo.
O concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, foi o encargado de abrir o acto poñendo en valor a traxectoria de Elena Rodríguez, Ángeles Betanzos e Julia Noya das confrarías de Aguiño, Palmeira e Ribeira, respectivamente.
Na súa intervención explicou que son as mulleres con máis anos en activo de cadansúa confraría. “Estas mulleres traballaron e seguen a traballar facendo posible que hoxe poidamos dicir con orgullo que Ribeira é mar e posuímos un sector moi forte. Hoxe dicimos que temos un dos portos de baixura máis importantes de Europa e tamén é grazas á contribución das mulleres”, explicou Abraldes.
O alcalde, Luís Pérez Barral, aseverou que "en Ribeira o mar é unha parte vital da nosa identidade e estas mulleres traballaron incansablemente, a miúdo enfrontando condicións adversas, para mariscar dunha maneira que respecta e preserva o noso medio ambiente. O seu labor non só garante a calidade e o prestixio dos nosos produtos do mar, senón que asegura que esta tradición se manteña viva para as futuras xeracións”.
Pola súa banda, as homenaxeadas agradeceron o recoñecemento e contaron as dificultades que afrontaron dende que comezaron a mariscar ou como loitaron para puideran ter os mesmos topes que os seus compañeiros homes. Mostraron a súa preocupación polos riscos actuais como pode ser a falta de produtividade nas rías "ás que lle hai que buscar solucións ou as ameazas de proxectos contaminantes, como pode ser a megacelulosa de Altri", sinalaron.
Dende o Concello aseguran que facer esta homenaxe é un paso adiante cara á igualdade, "sobre todo nun sector onde a visibilidade e o recoñecemento a miúdo non corresponden á importancia do traballo realizado; por iso é esencial destacar o papel destas mulleres. Non só son traballadoras, senón tamén líderes, modelos a seguir e piar fundamental das nosas familias e sociedades. Con este acto de recoñecemento, celebramos non só os seus logros individuais, senón tamén a importancia crucial das mulleres no sector do mar en Galicia”.
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Santiago encara un nuevo día sin autobuses urbanos en pleno temporal: los piquetes impiden salir a los servicios mínimos
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- No es spam: todo lo que debes saber del mensaje masivo del Sergas y el virus respiratorio sincitial
- Santiago contará con dous novos radares: un estable no Restollal e un novo no túnel do Hórreo