Dodro presenta a obra que gañou o premio Baleirón e Boqueixón e A Baña entregan os seus galardóns das Letras

O alcalde Xabier Castro reivindicou a figura do poeta de Laíño para que a Real Academia Galega o recoñeza en vindeiras edición

Tamén repartíronse os do certame boqueixanés de relato curto Neira Vilas e os barcaleseiros que lembran a García Ramos

Antón Lopo, pola esquerda, con Xabier Castro, Ramón Abuín e Manuel López en Dodro

Antón Lopo, pola esquerda, con Xabier Castro, Ramón Abuín e Manuel López en Dodro / Concello

O Concello de Dodro conmemorou o Día das Letras Galegas coa presentación da obra As palabras do sur de Manuel López Rodríguez, gañadora do certame poético Eusebio Lorenzo Baleirón no ano 2023. Ademais, o da Baña entregaba o terceiro Premio Daniel García Ramos, que recaía na que fora mestra do CPI local durante 20 anos, Mª Jesús Álvarez Ramos, mentras que Boqueixón facía o propio cos galardóns do X Certame de Relato Curto Xosé Neira Vilas, en colaboración con esta fundación, levando en presencia do rexedor Ovidio Rodeiro os primeiros os alumnos de Primaria Hugo Rosende e Fátima de la Iglesia xunto coa de Secundaria Noa Méndez.

Un intre da entrega de galardóns do Concello de Boqueixón e a Fundación Neira Vilas

Un intre da entrega de galardóns do Concello de Boqueixón e a Fundación Neira Vilas / Concello

No que atinxe a Dodro, o emotivo acto contou coas intervencións de Mónica González, tenente de alcalde, Mar Sueiro, directora do CPI, e de Bruno Esperante, exalumno e profesor da USC. Nese centro educativo, e baixo a presidencia do rexedor Xabier Castro, tamén falaron o concelleiro de Cultura, Ramón Abuín Gómez, o autor do poemario e Antón Lopo, escritor e representante da editora Chan da Pólvora, responsable da publicación do libro. O galardón, que leva 36 anos de traxectoria e considérase dos máis antigos de Galicia, convocou autoridades, persoeiros da cultura e veciños que desfrutaron dun encontro con música e poesía.

Foto de familia na Baña polo recoñecemento a Chus Álvarez co galardón García Ramos

Foto de familia na Baña polo recoñecemento a Chus Álvarez co galardón García Ramos / Concello

 Xabier Castro Tourís aproveitou esta celebración para rembrar que o municipio e o goberno local “seguirán loitando ata que a Real Academia Galega lle dedique o Día das Letras Galegas a Eusebio Lorenzo Baleirón como digno recoñecemento o seu traballo e contribución a nosa lingua”, segundo aportaba.