OBRADOIRO

Oitenta muradáns afondaron nos segredos da boa cociña

A clausura do curso incluíu un prato especial de sushi

O acto estivo presidido pola alcaldesa e a concelleira de Cultura

Asistentes ao acto de clausura do obradoiro municipal de cociña

Asistentes ao acto de clausura do obradoiro municipal de cociña / Concello de Muros

Redacción

O Concello de Muros clausurou o obradoiro municipal de cociña, no que participaron máis de 80 persoas. Os asistentes gozaron dunha degustación e da realización dun prato especial de sushi. A clausura contou coa presenza da alcaldesa, María Lago, e da concelleira de Cultura e Turismo, Caridad González.

“Esta actividade, cun gran éxito de asistencia, enmárcase dentro dos obradoiros culturais municipais que se desenvolven ao longo de todo o curso, fomentando a participación cidadá e a aprendizaxe gastronómica no noso Concello”, asegurou Caridad González.