PATRIMONIO
Prospección xeofísica no Castro de Montes Claros da Laracha
Arqueólogos do Instituto de Ciencias do Patrimonio pescudan o que facían os castrexos fóra das murallas
O obxectivo é obter datos para a posta en valor do xacemento

Un arqueólogo do CSIC sondeando o Castro de Montes Claros cun gradiómetro / C. Laracha
J. M. Ramos
Un equipo de arqueólogos do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT), pertencente ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), está a levar a cabo no Castro de Montes Claros unha prospección xeofísica. Faise no marco do proxecto Hinterland, financiado pola Axencia Estatal de Investigación, co-dirixido por César Parcero Oubiña e David González Álvarez. A finalidade é pescudar que facían os habitantes dos castros fóra dos límites das murallas e que tipo de restos arqueolóxicos da época poden existir no seu exterior.
Para obter dita información os investigadores están a empregar diferentes equipos que permiten radiografar o chan para amosar o que pode haber soterrado, cunha técnica non invasiva similar a como se fan as radiografías do corpo humano. Utilizan o gradiómetro, aparello que mide cambios no magnetismo do terreo que poden indicar a existencia de muros, foxos, gabias ou lareiras.
Trátase dunha primeira fase de probas coa que pretenden obter información sobre o funcionamento óptimo das técnicas empregadas nun tipo de terreo das características do Castro de Montes Claros e facer unha aproximación á presenza de estruturas soterradas en varios espazos reducidos do sitio e da súa periferia inmediata para ver cales son as zonas con maior potencial. Segundo os resultados obtidos, en próximas datas, previsiblemente durante o verán, faríase un traballo máis amplo cubrindo espazos de maior extensión.
O estudo ten unha dobre finalidade, xa que se agarda que os resultados aporten datos de valor para o proxecto Hinterland e que tamén sexan de utilidade para as iniciativas que promova o Concello da Laracha para a posta en valor do castro. O alcalde, José Manuel López Varela, e a edil Rocío López, interesáronse polas accións que se están a levar a cabo, reuníndose no propio xacemento cos promotores do proxecto Hinterland e con Puri Soto, a arqueóloga que dirixe as intervencións municipais no Castro de Montes Claros.
- Pregón de las Fiestas del Apóstol: la concelleira descarta a Borja Iglesias
- Netflix regresa a Galicia con la serie que acerca la historia real de la narcotraficante detrás del mayor alijo de cocaína incautado en los 90
- Una heladería de Santiago, entre las favoritas de los mejores heladeros de España
- Fiestas del Apóstol 2026 en Santiago: programa completo, conciertos, fuegos y actividades día a día
- El rincón marinero a 40 minutos de Santiago donde veranea Christian Gálvez: paseos de dos kilómetros junto al mar, el mejor marisco y un jardín único en Europa
- Burger King cancela su colaboración con el gallego El Xocas: 'Sus declaraciones no representan los valores que defendemos
- El Santiago que no pudo ser: así habría cambiado la ciudad con la gran avenida que iba a unir Porta Faxeira con el Obradoiro
- El juzgado admite a trámite una demanda de Galicia y Andalucía contra la Federación Española de Pesca por excluirlas del mapa de campeonatos nacionales

