AUTOMÓBIL

Feirauto pechou as portas con vinte e catro coches vendidos

Os máis demandados foron os compactos e os tipo SUV

Á feira acudiu xente de toda a Costa da Morte, pero tamén de Santiago e A Coruña

Exposición de Feirauto na Praza Jorge Mira, de Baio

Exposición de Feirauto na Praza Jorge Mira, de Baio / Feirauto

A cincuenta e tres edición de Feirauto, a feira do vehículo de ocasión de Baio (Zas), pechou as portas cun saldo altamente positivo: 24 coches e furgonetas vendidas e varias operacións abertas, que os profesionais do automóbil confían en pechar ao longo desta semana.

Manuel Montes, un dos organizadores, amosou a satisfacción do sector “porque foi unha boa feira, con vendas por enriba da anterior”. A maioría dos vehículos vendidos foron “coches seminovos de entre 12.000 e 13.000 euros, aínda que tamén se venderon algúns de máis de 20.000 €”. A demanda centrouse nos turismos compactos, utilitarios e os tipo SUV, “pero tamén se venderon algunhas furgonetas e monovolumes”, engade.

A procedencia dos compradoras foi tamén moi variada. “Veu xente de Cee, Fisterra e Carnota, pero tamén de Santiago, A Coruña e Carballo”, indicou Manuel Montes. A maior afluencia de público rexistrouse na tarde do sábado e o domingo, coincidindo co bo tempo, “pois o sábado pola mañá choveu e non houbo público”.

Os promotores, Talleres J. Lema, Automóviles Celmar y Talleres M. Montes, pensan xa na próxima edición, aínda que, polo momento, non decidiron se será en setembro ou novembro.

TEMAS