LABORAL

Folga no servizo da recollida de lixo de Carballo polo San Xoán

Os traballadores denuncian que a empresa bloquea a negoación do convenio

Din que a súa intención non é molestar á cidadanía "pero non nos queda outra saída"

Representantes da CIG confirmando a convocatoria de folga

Representantes da CIG confirmando a convocatoria de folga / CIG

A asemblea de traballadores do servizo de recollida de lixo de Carballo acordou iniciar unha folga coincidindo coas festas do San Xoán, “en resposta ao bloqueo da negociación do convenio colectivo por parte da empresa concesionaria”, segundo sinalou Martín Caamaño, secretario da Unión Local da CIG. O paro está programado das 22.30 horas do domingo 16 de xuño ás 15.00 horas do luns 17 de xuño; os días 20 e 21 na mesma franxa horaria; e dende ás 22.30 horas do domingo 23 até ás 13.05 do martes 25.

Caamaño asegura que a pesar de que os traballadores “están cobrando o salario mínimo interprofesional, a empresa limitouse a presentar unhas táboas nas que os soldos no ano 2024 quedarían pouco máis de 20 euros por enriba do SMI”. E para os anos 2025 e 2026 propón “un raquítico incremento de entre o 1,7% e o 2%”.

Sinala ademais que “non é a nosa intención molestar a cidadanía durante a celebración das festas, pero ante o bloqueo da empresa non nos queda outra saída que convocar folga”