COLABORACIÓN

Torneo solidario interparroquial en Boiro a favor da asociación galega de nenos oncolóxicos

Celebrarase o vindeiro día 29 de xuño en Vista Alegre

Haberá sorteos e poderán facerse doazóns nas huchas repartidas polos establecementos

Presentación do torneo interparroquial en Boiro

Presentación do torneo interparroquial en Boiro / Concello de Boiro

Redacción

O Concello de Boiro colabora co II Torneo Solidario Interparroquial en beneficio de Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia (Asanog), que terá lugar o día 29 de xuño en Vista Alegre.

O torneo contará con fase de grupos, semifinal e final, no que van participar 8 equipos que representan a cada unha das parroquias. “O ano pasado foi un éxito en participación e recadación, e esperamos que este ano se repita pola importancia da finalidade deste torneo”, afirmaron dende a organización.

“Para as familias Asanog é un salvavidas”, recoñeceu Lara Buig, quen animou a colaborar mercando rifas ou realizando doazóns nas huchas repartidas polos establecementos de Boiro. O propio día do torneo, ás 17.00 horas, haberá sorteos de agasallos doados por establecementos boirenses.

Na presentación da actividade participaron o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, Lara Buig e Víctor Rodríguez, da organización; e Aldara Palmeio e Yenny Rodríguez, de Asanog.