Día de Galicia

Galicia: de Cíes a Fisterra, un mundo de paraísos

As cifras de pernoctación na comunidade confirman que “Galicia está de moda”

De norte a sur, as paisaxes galegas conquistan a turistas e autóctonos

As prais dos Deuses

As prais dos Deuses / PIM

Especial Día de Galicia

Ríos, montañas, bosques, mares e illas. Diferentes cualidades e imaxes que inundan de beleza a este recuncho da península ibérica: verde n aterra, azul no mar e vermello e violeta no ceo. Un patrimonio natural que merece ser posto en valor cada día, e especialmente o 25 de xullo. Percorrer Galicia non é só cuestión do Camiño, tamén pode (e debe) facerse por pracer, visitando as xoias que se atopan dentro das nosas fronteiras. Podemos atopar xoias que nada teñen que envidiar aos destinos internacionais.

Por iso, se este verán queres disfrutar dunhas vacacións completas, queda en Galicia, de norte a sur e de leste a oeste, visitando as súas catro provincias. A cifra de visitantes e pernoctacións en Galicia creceu case un 90% no pasado 2021 (con máis de tres millóns de turistas), e todo indica que este ano superaremos eses datos. Vigo fíxose un oco no ranking estatal rexistrando máis de 70 mil pernoctacións e, en cifras absolutas, a provincia de A Coruña segue sendo a principal “gañadora”.

Porque, de norte a sur, Galicia ten xoias dignas de deuses: O fin do mundo está na Coruña, na Costa da Morte: o Finisterrae, as praias desertas, ensenadas e acantilados, os cabos de Fisterra, Touriñán e Vilán… constitúen un exemplo de paisaxe que nos fai pensar que estamos ante o límie da Terra: non en vano, o único punto alleo a Santiago que funciona como parada especial do Camiño é Finisterre.

Ofrecen ao visitante unha gran proposta para pasar a fin de semana desfrutando das virtudes de paisaxes protexidas, múltiples monumentos de interese histórico e cultural como o Cementario dos Ingleses, onde descansan os afogados polo afundimento do buque Serpent a finais do Século XIX; patrimonio megatílico como o dolmen de Dombate ou o castro de Borneiro, gran bandeira dunha terra que da forma tamén ás costumes das súas xentes, xentes do mar.

As illas dos deuses Area branca, auga trasnparente, montes frondosas e libres. Son as illas nas que se ubica a que, según The Guardian, é a mellor Praia do Mundo, a Praia de Rodas. Nomear as Illas Cíes se falamos de paisaxes para visitar é inevitable. Pero tamén a illa de Monteagudo, a do Faro, a Illa de San Martiño e os islotes de Penela dos Viños, Ruzo, Garabelos e Agoeiro. Un arquipélago que destaca pola súa riqueza natural e valor ecolóxico vexetal, con ecosistemas que ben parecerían do caribe, pero están canda nós na ría de Vigo, ben falando de fauna mariña coma de aves rapaces.

A ela súmanse, na ría de Pontevedra, Ons, Onza e o islote das Freitosas, tamén de extraordinarios paraxes, fermosas vistas e gran biodiversidade, dende onde un pode escoitar os cánticos do mar xordidos dende a mesma terra a través das covas mariñas coñecidas como ‘Furnas’, con especial mención a do ‘Burato do Inferno’ como estandarte. Na ría de Arousa, Sálvora e Cortegada, de igual beleza, completan o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, proba da nosa sorte e sinal inequívoca de que o paraíso si existe, e está en Galicia. Unha terra que é sen dúbida a envexa dos deuses.