Alexandre Otero e Mar Delgado proclamáronse campións galegos de Duatlón Cross en Vimianzo
O gañador foi José Ignacio Gálvez, que non competía polo título
A atleta do Triatlón Ferrol acadou o seu sétimo entorchado
Máis de douscentos atletas competiron este domingo no XV Duatlón Cross de Reis Vimianzo, no que se proclamaron campións galegos Alexandre Otero Iglesias, do Club Triatlón Rianxo, en categoría masculina, e Mar Delgado, do Triatlón Ferrol, na proba feminina.
O atleta rianxeiro entrou segundo na liña de meta, por detrás de José Ignacio Gálvez Ponce, do Cidade Lugo Fluvial, que foi o gañador da proba, pero non competía polo campionato galego. O podio completouno o vimiancés Gabriel Castiñeira País, do Triatlón Arteixo.
Pola súa banda, Mar Delgado acadou o seu sétimo título galego e venceu por cuarta vez consecutiva no duatlón de Vimianzo, despois de superar unha grave lesión. O podio femenino completárono Elsa Pérez Vicente, do Cidade Lugo Fluvial, e Iría Fernández Díaz, do Club Triatlón Vilalba.
Na modalidade de relevos, a parella formada por David Pérez e Eugenio Canosa impúsoxe na categoría masculina, Cristina García e José Alfonso Vilar fixérono na modalidade mixta, e María Amelia Roca e Paulina Mosquera foron as máis veloces na categoría feminina.
Como novidade este ano, a proba vimiancesa contou tamén cunha proba Supersrpint, na que se impuxeron Daniel Vieito Fernández, do Club Triatlón Compostela, seguido de Xoel Blanco, do Triatlón Inforhouse Santiago, e Hugo Souto do A . D. Fogar. Na categoría feminina a vencedora foi Lucía Piñón Pereira, do A. D. Náutico de Narón. Tamén se disputou unha proba popular na que se proclamou vencedor Javier Pita Vidal.
Temas
Más en Deportes
-
Alcaraz aplasta a un blando Auger-Aliassime para pasar a cuartos de Roland Garros
-
Xavi García Pimienta, nuevo entrenador del Sevilla FC
-
Djokovic evita el K.O. en Roland Garros en una épica batalla que acaba a las 3.06 de la madrugada
-
El mejor Real Madrid de la historia: seis Copas de Europa en 11 años