O Compos non renovará a Escoruela, Caballé nin Jordan, e Manu Ramírez tamén sairá

Os laterais cataláns e o centrocampista pontevedrés rematan contrato en xuño

O mediapunta onubense sí contaba cun ano máis, pero non o cumprirá

Jordan Domínguez, centrocampista pontevedrés, abandonará la SD Compostela después de tres años

Jordan Domínguez, centrocampista pontevedrés, abandonará la SD Compostela después de tres años / Jesús Prieto

A SD Compostela 24-25 comeza a súa reconstrucción. Despois da saída de Pato Guillén, anunciada a semana pasada, xa se coñecen outros catro nomes que abandoarán a entidade. O 31 de maio remata o contrato de 13 xogadores, e ademáis do guardameta uruguayo, non contarán con oferta de renovación os laterais cataláns Roger Escoruela e Pep Caballé nin o centrocampista pontevedrés Jordan Domínguez. Ademáis, o club acordará a saída do onubense Manu Ramírez, quen contaba con outro ano de contrato que non chegará a cumprirse.

Jordan Domínguez abandoa a esedé despois de tres anos, nos que xogou 80 partidos e anotou 10 goles. O excanteirán do Celta foi un pilar do centro do campo durante a súa etapa compostelanista, caracterizada, coma esta última tempada, pola irregularidade no seu rendemento. Ao inicio da tempada, con Manel Menéndez, contou con minutos aínda que sen demasiado brillo. A chegada de Míchel Alonso favoreceuno notablemente, coma a todo o equipo, pero foi perdendo peso. Con Antón Permuy apenas xogaba os minutos finais dalgún encontro, polo que a saída do '8' era unha das máis previsibles deste verán.

Roger Escoruela, lateral izquierdo catalán

Roger Escoruela, lateral izquierdo catalán / Jesús Prieto

Roger Escoruela tampouco continuará no club. O lateral catalán chegou no mercado invernal para sustituir a un Samu Araújo que caera lesionado, voando ata Santiago por petición dun Míchel Alonso co que xa coincidirá no Formentera. Co técnico ferrolán deixou boas sensacións, pero cando mellor estaba as lesións apartárono dos terreos de xogo, e con Permuy apenas estivo disponible. Disputou 13 partidos coma branquiazul.

Pep Caballé, lateral derecho catalán

Pep Caballé, lateral derecho catalán / Jesús Prieto

Pep Caballé tamén pon fin a súa etapa compostelanista tras unha tempada irregular. Este outro lateral catalán foi un dos fichaxes máis emocionantes do verán pasado ao proceder dun Racing de Ferrol co que ofrecera a súa mellor versión e logrando ademáis o ascenso á Segunda División. Deixou boas sensacións no inicio da tempada a pesar dos malos resultados do equipo, pero co paso das xornadas o seu rendemento foi a menos, chegando a perder a titularidade, e despídese tras defender a camiseta do Compos en 25 ocasións.

Manu Ramírez, mediapunta onubense

Manu Ramírez, mediapunta onubense / Jesús Prieto

A última despedida é sen dúbida a máis sorprendente: a de Manu Ramírez. O mediapunta onubense sí contaba cun ano máis de contrato e aínda que tardou en aclimatarse ao equipo tras fichar no mercado invernal, dende a chegada de Antón Permuy parecía asentado no once titular, dando ademáis un paso adiante en rendemento. Chegou procedente do Unionistas de Salamanca, de Primera RFEF, xerando unhas grandes expectativas que non puido cumprir. Disputou 16 partidos, 9 deles coma titular, dando 2 asistencias.

O Compos contará así cinco despedidas, ao sumar estas catro á de Pato Guillén, anunciada a semana pasada. Todavía quedarán nove xogadores que se desvincularán da entidade a finais deste mes, polo que nos próximos días poderían producirse máis saídas, e sobretodo, renovacións. As fichaxes, por outro lado, é probable que se demoren algo máis pois aínda hai varias competicións sen rematar.