Ola de despedidas na SD Compostela: seis futbolistas deixan o club

Jordan, Caballé, Antón de Vicente, David Grande, Manu Ramírez e Escoruela abandoan a entidade

O centrocampista pontevedrés disputou 80 partidos en tres tempadas, anotando 10 goles

Antón de Vicente e Pep Caballé, ao fronte na imaxe, son dous dos que se despiden

Antón de Vicente e Pep Caballé, ao fronte na imaxe, son dous dos que se despiden / Jesús Prieto

Comeza a revolución na SD Compostela. Esta mañá a entidade comunicou a saída de seis xogadores da entidade: Jordan, Caballé, Antón de Vicente, David Grande, Manu Ramírez e Escoruela. Sumadas estas á de Pato Guillén, anunciada a principios da semana pasada, son xa sete as baixas do equipo neste verán. O gardameta uruguayo dará unha rolda de prensa de despedida este luns.

Jordan Domínguez abandoa a esedé despois de tres anos, nos que xogou 80 partidos e anotou 10 goles. O excanteirán do Celta foi un pilar do centro do campo durante a súa etapa compostelanista, caracterizada, coma esta última tempada, pola irregularidade no seu rendemento. Ao inicio da tempada, con Manel Menéndez, contou con minutos aínda que sen demasiado brillo. A chegada de Míchel Alonso favoreceuno notablemente, coma a todo o equipo, pero foi perdendo peso. Con Antón Permuy apenas xogaba os minutos finais dalgún encontro, polo que a saída do '8' era unha das máis previsibles deste verán.

David Grande abandoa o Compos tras media tempada

David Grande abandoa o Compos tras media tempada / Jesús Prieto

David Grande deixará o Compos o 1 de xuño, seis meses despois de chegar a Santiago. A súa fichaxe no mercado de inverno tiña coma obxectivo dar algunha opción de descanso a Manu Barreiro, única referencia do equipo ata o momento polas lesións de Fran López. O paso do granadino polo Compos foi de menos a máis, e a pesar de que rematou o curso asentado na titularidade e anotando os seus dous goles coma branquiazul, non contará con oferta de renovación.

Antón de Vicente tamén pon fin a súa etapa compostelanista tras unha tempada na que foi de máis a menos. A súa fichaxe dende o Coruxo xerou ilusión en San Lázaro, tanto polo nivel que todos coñecían coma polas referencias que chegaban dende Vigo. Aínda que foi do mejor do equipo nas primeiras xornadas, con Míchel foi perdendo peso e a súa segunda volta foi tan irregular coma a do colectivo. O seu contrato incluía unha renovación automática en función dos partidos xogados, pero a pesar cumplila, a entidad prefiriu darlle saída. Xogou 30 encontros coa elástica branquiazul, 22 deles coma titular, e anotou un gol.

A saída de Jordan é a máis significativa, pois levaba tres anos no club

A saída de Jordan é a máis significativa, pois levaba tres anos no club / Jesús Prieto

Roger Escoruela tampouco continuará no club. O lateral catalán chegou no mercado invernal para sustituir a un Samu Araújo que caera lesionado, voando ata Santiago por petición dun Míchel Alonso co que xa coincidirá no Formentera. Co técnico ferrolán deixou boas sensacións, pero cando mellor estaba as lesións apartárono dos terreos de xogo, e con Permuy apenas estivo disponible. Disputou 13 partidos coma branquiazul.

Pep Caballé tamén pon fin a súa etapa compostelanista tras unha tempada irregular. Este outro lateral catalán foi un dos fichaxes máis emocionantes do verán pasado ao proceder dun Racing de Ferrol co que ofrecera a súa mellor versión e logrando ademáis o ascenso á Segunda División. Deixou boas sensacións no inicio da tempada a pesar dos malos resultados do equipo, pero co paso das xornadas o seu rendemento foi a menos, chegando a perder a titularidade, e despídese tras defender a camiseta do Compos en 25 ocasións.

A última despedida é sen dúbida a máis sorprendente: a de Manu Ramírez. O mediapunta onubense sí contaba cun ano máis de contrato e aínda que tardou en aclimatarse ao equipo tras fichar no mercado invernal, dende a chegada de Antón Permuy parecía asentado no once titular, dando ademáis un paso adiante en rendemento. Chegou procedente do Unionistas de Salamanca, de Primera RFEF, xerando unhas grandes expectativas que non puido cumprir. Disputou 16 partidos, 9 deles coma titular, dando 2 asistencias.

No comunicado emitido, o Compos agradécelles "su trabajo y esfuerzo durante su periplo en la SD Compostela y les desea la mayor de las suertes para su futuro deportivo y personal".