Samu Rodríguez, mellor xogador do Compos 23-24 xogando media tempada

O compostelanismo escolleuno con 76 votos nunha enquisa en redes sociais

Parapar e David Soto completan o podio, con 40 e 17 votos respectivamente

Samu Rodríguez, un dos capitáns da SD Compostela, escollido mellor xogador da tempada

Samu Rodríguez, un dos capitáns da SD Compostela, escollido mellor xogador da tempada / Jesús Prieto

Finalizada a tempada para a SD Compostela, esta semana o club lanzou a habitual enquisa na que se escolle ao mellor xogador branquiazul da campaña, premio que se levará finalmente un dos capitáns: Samu Rodríguez.

O centrocampista coruñés obtivo 76 votos do compostelanismo na enquisa lanzada en X (Twitter), sete máis que a suma dos outros catro candidatos: Parapar (40), David Soto (17), Jaime Santos (6) e Pablo Antas (6).

Impúxose así con claridade pese a xogar apenas 15 encontros na segunda volta, pois pasou a primeira lesionado. Neses encontros anotou tres tantos. Isto reflexa en boa medida a irregularidade que caracterizou a tempada do equipo e dos seus xogadores, marcada tamén polas lesións.

Cabe sinalar que Samu é un dos xogadores que remata contrato no mes de xullo. O seu bo rendemento nestes meses, ademáis da súa gran vinculación co clube, fai moi probable que a entidade traballe para renovalo nos próximos días.