Bugallo avisa da “axenda oculta do PP” que inclúe “recortes de pensións”

Xosé Sánchez Bugallo xunto a José Miñones o pasado domingo

Xosé Sánchez Bugallo xunto a José Miñones o pasado domingo / Twitter

Redacción

O candidato do PSdeG ao Senado pola provincia da Coruña, Xosé Sánchez Bugallo avisou onte da “axenda oculta” do PP, que inclúe “recortes de pensións” no caso de que os populares consigan tralo 23-X chegar á Moncloa.

Fixóo nun acto nunha cafetaría de Culleredo na que Sánchez Bugallo xunto ao cabeza da lista socialista ao Congreso pola provincia coruñesa, José Miñones, mantiveron unha xuntanza con pensionistas, acompañados tamén por outros integrantes das listas do PSdeG.

Alí o exalcalde de Compostela criticou que a dereita “está tratando de desviar o debate con declaracións xenéricas e ataques persoais, pero sin entrar no detalle do seu programa que ten detrás unha axenda oculta”. Por iso chamou a confiar no proxecto socialista co obxectivo de “seguir avanzando”.