Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Una fiesta para un País ·· Méritos

Otero Alonso: "Son galego por nación, por cultura e por vontade"

El presidente del grupo Puentes habló al repleto auditorio de autoridades, amigos y admiradores de su compromiso incondicional con Galicia ·· "Este título, do que non me sinto merecedor, anímame a seguir traballando"

"Se unha persoa chegada de lonxe me pedise unha explicación acaída de por que me nomean Gallego del Año 2008, teñan por seguro que non sabería darlla. Tampouco sei que contestarlles aos moitos amigos e colegas que acotío me fan esta pregunta alén do Padornelo. O que si podo dicir, como agora proclamo diante de vostedes, é que se trata dunha distinción que me enche de honra, que me anima a seguir traballando dentro de Galicia, e que recibo con extraordinaria ledicia, seguro que compartida, cos Galegos do Mes aos que aproveito para honrar". Así comenzaba ayer su discurso José Manuel Otero Alonso, presidente del grupo Puentes y Gallego del Año 2008.

Otero Alonso, emocionado y feliz, destacó la labor de nuestro editor, Feliciano Barrera, y le agradeció la celebración de la gala de los Gallegos del Año, un acto "cunha fonda significación cívica". José Manuel Otero referiuse á "traxectoria do grupo Puentes que avala, con méritos moi repartidos entre todos os meus colaboradores e todos os traballadores das distintas empresas, este galardón".

"Das palabras xa ditas terán deducido vostedes que non me sinto merecedor -polo menos a título persoal- deste recoñecemento. E non por unha falsa modestia na que -ao dicir de Pascal- se cultiva o orgullo, senón polo simple feito de que, sendo eu galego por nación, por cultura e por vontade, entendo que o título de Gallego del Año 2008 implica unha certa condición de paradigma para a que non me sinto nin forte nin especialmente preparado", añadió el homenajeado.

José Manuel Otero explicó al auditorio, repleto de autoridades, amigos, compañeros y gallegos admiradores de su labor, que quizás "por iso, porque son un empresario acostumado a moverme na dureza dun mundo cada vez máis competitivo, o primeiro que pensei ao recibir a grata noticia deste nomeamento foi nas obrigas que este título trae consigo. E, despois de darlle moitas voltas, cavilando por min unhas veces, e tratando de pensar por vostedes noutras, cheguei á sinxela conclusión de que a miña tarefa consiste, a partir de hoxe, en tratar de reducir esta distinción de Gallego del Año 2008 á súa esencia, para que, se alguén se lembra de min o día de mañá, non teña que poñerme máis títulos nin facer máis precisións que o feito de ter cumprido coa miña terra".

El presidente del grupo Puentes no pudo menos que emocionarse al recordar a sus padres, a los que quiso "honrar e recordar" delante de todos los asistentes. Continuó rememorando su vida de estudiante para hacerse ingeniero de Caminos, Canales y Puertos, y que la vida le enseñó que debía centrarse en los caminos, "que nos tramos máis fermosos van sobre pontes, e nos máis prácticos en escuros túneles, e deixar que outros se dedicasen a facerlles atraques aos barcos, ou a darlles de beber ás terras queimadas polo sol, ou ás cidades que medran de xeito desmesurado",

Otero habló también de la reducción a una sola mujer, su esposa fallecida, a una familia -sus hijas- y a media docena de amigos, "tamén reducín o planeta que ía merendar, a este Finis Terrae atlántico, literariamente bretemoso, no que estou empeñado en vivir e co que quero compartir os meus éxitos empresariais mentres os poida defender".

En la parte final del discurso, Otero Alonso tuvo un emocionado recuerdo para su mujer, Blanca, ya fallecida, y afirmó que ahora quiere "ser galego por estar comprometido coa terra, por ter por fala propia a fala nai, por crear emprego e riqueza neste entorno de Santiago, por identificarme coa forma que temos de ver o mundo e de pasar por el, e por proxectar sobre min e sobre o meu traballo, como obrigas de nación, tódalas eivas que aínda lle quedan a este noso pobo -nos eidos da cultura, do territorio, da identidade, da empresa e da sociedade- para conformar un país moderno, orgulloso e suficiente".

'LAUDATIO', DE XOSÉ LUÍS BARREIRO RIVAS

"Un humanista descoñecido para case todos"

"Un veciño por nacemento, un aldeán por cultura, un galego de tódolos anos que segue empeñado en ser un gran empresario aquí, un humanista descoñecido para case todos, e un amigo gañado ao correr por pistas paralelas". Estas palabras definen la persona que es José Manuel Otero para Xosé Luís Barreiro, quien, en una entrañable y emotiva laudatio del homenajeado, repasó la trayectoria vital y profesional de quien fue "un rapaz" de escuela rural y se convirtió en pontífice, el hombre que "dirixiu, deseñou ou construíu case tres mil pontes", tras aprobar el Bachillerato examinándose por libre, convertirse en ingeniero de Caminos recién cumplidos los veintitrés años y embarcarse como becario en las obras del puente de Rande para, al poco tiempo, ser jefe de sección de hormigón y pilares.

El puente de Rande, además de dejarle una brecha en la cabeza por "un accidente que a punto estivo de custarlle a vida", fue también el inicio de una carrera ascendente que ha propiciado que José Manuel Otero sea hoy en día -subrayó Barreiro- "sobre todo, un empresario. Un emprendedor sólido e equilibrado que permanece fiel a Galicia, que mantén máis de mil empregos directos, que ensina a calidade construtiva de Galicia, en España e en Europa, e que segue asumindo retos diarios dos que, de ser cómodo e egoísta, podería prescindir".

Barreiro desveló que a Otero le gusta definirse "como un neno de aldea que foi progresando sen deixar de ser aldeán" y recordó que, ya en Sanguñedo, fueron sus padres, Araceli Alonso y Francisco Otero, quienes "lle meteron soños na cabeza, disciplina e azos no corazón". Y tuvo también un cariñoso recuerdo para su esposa fallecida, Blanca, "sabendo que sen ela nada disto sería posible" .

04 dic 2020 / 09:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito