Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
JUNIO 2001

O senlleiro médico Miguel Caínzos elixido 'Gallego del mes' de xuño por EL CORREO e O Correo

As redaccións de EL CORREO GALLEGO e O Correo Galego elixiron por unanimidade o prestixioso médico Miguel Caínzos Fernández polo seu destacado labor profesional no Servicio de Cirurxía Xeral e do Aparato Dixestivo do Hospital Clínico Universitario de Santiago e como catedrático de Patoloxía e Clínica Cirúrxica. Ademais, é autor de 151 libros, capítulos de libros, artigos orixinais e editoriais. A todo súmaselle a experiencia formativa nos Servicios Cirúrxicos de hospitais de distintas cidades estranxeiras como Londres, Nova Orleáns ou Múnic.

Miguel Caínzos Fernández é un profesional de considerable prestixio en Santiago, e nesta universidade, na Facultade de Medicina, cursou os seus estudios entre os anos 1969 e 1975, cando se licenciou coa cualificación de sobresaliente.

Catro anos despois, en 1979, leu a tese de doutoramento, coa que obtivo a cualificación de sobresaliente cum laude e foi galardoado co Premio Extraordinario. Durante os tres últimos anos da carreira de medicina foi alumno interno da cátedra do profesor José Luis Puente Domínguez, tralos cales obtivo a oposición co número un.

A continuación, entre os anos 1976 e 1980 realizou a especialidade de Cirurxía Xeral e do Aparato Dixestivo, tamén co profesor Puente, no Hospital Xeral de Galicia, dentro do Servicio de Cirurxía do profesor Potel.

No ano 1986 obtivo a praza de profesor titular de Cirurxía, e posteriormente, en 1995, gañou a praza de catedrático de Patoloxía e Clínica Cirúrxica da Universidade de Santiago.

Formación no estranxeiro


Ó longo da súa carreira realizou diversas estadías de formación en Servicios Cirúrxicos de diferentes hospitais estranxeiros, entre os que cabe destaca-los de Hammersmith e San Marks, en Londres; General Hospital de Birmingham; Tulane University Medical Center, de Nova Orleans; Medical College, de Wisconsin, e Klinikum Grosshadern, de Múnic. Actualmente desempeña a súa actividade cirúrxica no Servicio de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo do Hospital Clínico Universitario de Santiago. Por toda esta traxectoria profesional, Miguel Caínzos Fernández —nacido na Coruña no ano 1952, casado e pai de dous fillos— foi escollido por unanimidade nas redaccións de EL CORREO GALLEGO E O Correo Galego "Gallego del mes'' de xuño.

07 dic 2020 / 23:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito