Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
SEPTIEMBRE 2003

Julio Fernández, elixido 'Gallego del mes de setembro' polo Grupo Correo Gallego

As redaccións de EL CORREO GALLEGO, GALICIA HOXE e Radio Obradoiro decidiron conceder por unanimidade o Galego do Mes de setembro a Julio Fernández Rodríguez, presidente de Filmax e titular do Clúster do Audiovisual Galego, polo destacada labor que está a realizar en defensa de dito sector na nosa Comunidade Autónoma.

Residente en Cataluña, pero mantendo sempre un estreito vencellamento coa súa terra natal, Julio Fernández quixo que Bren —compañía especializada en animación pertencente a Filmax Entertaiment—, tivese a súa sede en Santiago. Unha iniciativa á que destinou un investimento de 1.100 millóns de pesetas cando a puxo en marcha no ano 2000, e que agora está a punto de estrear, a principios do próximo mes de decembro, o filme de debuxos animados O Cid: A lenda.

Por outra parte, e cando a principios deste ano se lle propuxo exercer a presidencia do Clúster do Audiovisual Galego, Julio Fernández non só se sentiu honrado con dita proposición, senón plenamente identificado cos obxectivos cos que nacía este organismo, único destas características que existe en Europa. Desta forma, aceptou a presidencia, e con iso a participación de Filmax —referente español e internacional no audiovisual— como unha empresa máis dentro do clúster galego.

Aberto a todas as empresas do sector, o Clúster do Audiovisual Galego nace coa intención de crear infraestructuras que permitan o seu desenvolvemento, tendo en conta os productos a realizar, e cunha política de simultaneidade, de forma que as empresas interesadas poidan participar en determinados proxectos en función da idoneidade que represente para as mesmas, xa sexa desde o punto de vista creativo, técnico ou económico.

De feito, busca alcanzar un maior nivel de competitividade do sector galego.

Así mesmo, e tamén dentro dos proxectos do clúster, cabe destacar a implantación en Galicia da Cidade da Imaxe, que se pretende sirva de plataforma de lanzamento para o mercado nacional e internacional do sector audiovisual galego. Unha iniciativa que está previsto conte cunha superficie de medio millón de metros cadrados, dos cales a metade se destinarán a construccións e a outra metade a espacios dotacionais.

Eloxios de Kevin Costner no Festival de Donosti


Por outra parte, Julio Fernández recibiu no pasado Festival de San Sebastián un personalizado eloxio por parte do actor e director Kevin Costner, ó ter sido a productora Filmax a primeira fóra de Estados Unidos en apoiar a distribución de Open range. Costner xustificou a súa presencia en España pola confianza que Filmax depositara no seu último filme.O Grupo Filmax conta en Barcelona coa sede central e a división de postproducción. Así mesmo, dispón doutro centro de traballo en Madrid e outro en Santiago. Nas súas catro sedes ten un cadro global de 325 persoas, que traballan para Filmax de forma permanente. A eles, hai que sumar os equipos que se solicitan temporalmente para a realización de filmes.

O grupo que preside Julio Fernández creou ademais división Filmax Televisión, destinada á producción de series de ficción, telefilmes, telemovies e programas de televisión. Dentro deste novo proxecto, cabe destacar a iniciativa de realizar unha serie sobre Manolito Gafotas para Antena 3 Televisión, proxecto que dirixe Antonio Mercero.

Medalla Castelao en 2002

Natural de Cereixido-A Fonsagrada presidente e director xeral do Grupo Filmax, punteiro no sector audiovisual, ademais de titular do Clúster do Audiovisual Galego desde este mesmo ano.

Entre as distincións recibidas ó longo da súa traxectoria profesional, a Medalla Castelao en 2002, así como o Goya en animación pola producción de Os Goomer, no ano 2000. Residente en Cataluña, é ata o de agora único distribuidor de fóra de Galicia que firmado un convenio coa Xunta e Televisión de Galicia para ofrecer nas salas de exhibición de cine da comunidade unha versión dobrada ó galego das películas que produce e as que importa.

07 dic 2020 / 23:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito