Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Caetano Díaz, director adxunto de EL CORREO GALLEGO

José Antonio Pérez relanzará a área de investigación e Xavier Cea pasa a ser director da edición dixital

Tras o número 50.000 de EL CORREO GALLEGO inmediatamente despois da celebración, hai xa outros desafíos e estratexias que serán abordadas cunha organización mellorada. Para iso Caetano Díaz foi nomeado director adxunto, coa misión de catalizar e optimizar os esforzos da Redacción. Nacido en Corrubedo en 1957, estudou Periodismo na Complutense de Madrid. Fixo tres cursos de Socioloxía no Instituto León XIII e comezou a traballar en El ideal Gallego, primeiro en prácticas dende o ano 76. Entrou en La Voz de Galicia no ano 1981. Na Delegación de Santiago levou a información da primeira Xunta, e na Redacción central da Coruña foi cronista político. No ano 1985 puxo en marcha a Axencia Galega de Noticias como director xeral. Chegou a EL CORREO no ano 1988 para levar o Peche e, despois, as seccións de Investigación e Primeiro Plano. Traballou en O Correo Galego como subdirector, entre 1994 e 2003. Nese ano asumiu a dirección do Galicia Hoxe até o seu peche, no 2011. Reintegrado á Redacción central de EL CORREO, encargouse da portada e da sección editorial.

O periódico compostelán quere acentuar a súa vocación investigadora cun relanzamento que será responsabilidade do coordinador xeral, José Antonio Pérez Docampo, con gran experiencia no labor de campo e redaccional. Nacido en Padrón, ten 63 años, está casado e é pai de tres fillos. Traballou nos servizos informativos de Radio Arosa-Cadena Ser e foi correspondente de La Voz de Galicia en Padrón e a súa comarca. Desde setembro de 1985 forma parte do cadro de EL CORREO GALLEGO. Foi finalista do premio Continente, xunto aos seus compañeiros Benito Leiro e Alfonso Leiro, por unhas reportaxes de investigación sobre o contido do buque Cason tras o seu embarrancamento na Costa da Morte. Dirixía o equipo de investigación de EL CORREO GALLEGO que foi recoñecido co Premio Ortega y Gasset por reportaxes sobre o narcotráfico nas rías galegas, e tamén foi merecedor do premio Xunta de Galicia de Drogodependencias.

Outro dos aspectos a mellorar na etapa que se inicia é o xornalismo dixital, que será responsabilidade de Xavier Cea, novo director desta área. Cea empezou en EL CORREO en 1990, percorreu varias seccións e formou parte das redaccións de O Correo Galego e Galicia Hoxe. Desde 2011 traballa na elaboración diaria de elcorreogallego.es e agora enfronta o reto, logo da modernización tecnolóxica do xornal, da consolidación da redacción única.

17 jun 2020 / 01:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.