Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reabre o ocio nocturno e fin do teletraballo para os funcionarios

Este es la plantilla de ECG
13:12 h.

Remata a rolda de prensa

    Este es la plantilla de ECG
    13:10 h.

    Citas para a vacinación

      O presidente confirma que a intención da Xunta é comezar na primeira semana de xullo, cando principiará a vacinación do grupo de poboación de 39 a 30 anos, cun sistema de citas mixto, que teña en conta a proposta dos cidadáns e a proposta do Sergas. 

      Este es la plantilla de ECG
      13:08 h.

      Obrigatorio o uso da máscara nas terrazas

        Preguntado por esta cuestión, Núñez Feijóo lembra que "é necesario utilizar a máscara nas terrazas salvo cando estamos consumindo, porque nelas non é posible manter o 1,5 metros de distancia".

        Este es la plantilla de ECG
        13:06 h.

        Regulación do uso da máscara a nivel estatal

          Preguntado pola regulación do uso da máscara no exterior a nivel estatal,  Núñez Feijóo opina que "é bo ter protocolos xerais", pero tamén permitir a adopción de medidas por parte das comunidades autónomas en función da situación particular de cada rexión.

          Este es la plantilla de ECG
          13:03 h.

          "Coas dúas doses da vacina é posible controlar a variante Delta"

            Hai casos de variante Delta na Coruña e Vigo. De momento non hai transmisión comunitaria, segundo o presidente. Confirma que "coas dúas doses da vacina é posible controlar a variante".

            Este es la plantilla de ECG
            13:02 h.

            Aforos no ocio nocturno

              Haberá unha xuntanza co sector do ocio nocturno. O aforo será do 50% no interior e o 100% nas terrazas. Tratarán cos afectados o horario de peche.

              Este es la plantilla de ECG
              12:59 h.

              Chamamento á prudencia

                O presidente reitera a necesidade de manter a prudencia, e fai un chamamento aos mozos para que respecten as normas e asistan aos cribados. Lembra que hai nas UCIs galegas xente cada vez máis nova.

                Este es la plantilla de ECG
                12:54 h.

                Sen máscara no exterior sempre que se poida manter a distancia interpersoal de 1,5 metros

                  Di Núñez Feijóo que a retirada ordenada da máscara no exterior é lóxica e proporcional tendo en conta a evolución da pandemia. A Xunta leva tempo traballando nunha proposta "sinxela" que aboga por "eliminala salvo cando non sexa posible manter a distancia interpersonal de 1,5 metros. No interior, máscara e distancia. No exterior, máscara ou distancia". A única excepción sería a de pasear no exterior con convivintes, onde non sería necesario manter a distancia. Só sería obrigatoria a máscara no exterior nos concellos en nivel máximo de alerta, ningún nestes intres en Galicia. Insiste o presidente en que "será obrigatorio levar a máscara con nós". 

                  Este es la plantilla de ECG
                  12:50 h.

                  Reapertura do ocio nocturno e aforo nas terrazas ao 100%

                    A partir do sábado entra en vigor unha nova normativa para regular practicamente tódolos aforos. 

                    1. Amplíase do 50 ao 75% o aforo nos lugares de culto, academias, ximnasios, acuarios, museos e centros de formación.

                    2. Pasa de 25 a 50 persoas o aforo máximo nos enterros

                    3.  Ábrense as áreas de descanso e ocio infantil dos centros comerciais

                    4. Pasa dun sexto a un tercio a ocupación de pé no transporte urbano

                    5. Vólvese permitir o contacto físico nos locais de actividades deportivas e academias de danza.

                    6.  Desde o 5 de xullo, os empregados da Xunta que teletraballan incorpóranse de forma presencial

                    7. No interior dos bares e cafetarías o aforo segue ao 50%, e nas terrazas amplíase ao 100% se se cumpre a distancia seguridade

                    8. Permítese pedir e servir nas barras dos bares, non consumir.

                    9. A partir do 1 xullo reábrese o ocio nocturno dacordo cos protocolos

                    Este es la plantilla de ECG
                    12:44 h.

                    Variante Delta en Portugal

                      Chamamento á prudencia continuada. O presidente lembra que se están a incrementar os casos da variante Delta do COVID no veciño Portugal.

                      Este es la plantilla de ECG
                      12:43 h.

                      Preocupación pola área sanitaria da Coruña

                        O presidente explica que seguimos avanzando na vacinación. Esta semana poñeranse 240.000 novas doses, superando o umbral do millón de galegos completamente inmunizados. Admite Núñez Feijóo a súa preocupación pola situación da área sanitaria da Coruña, cunha incidencia a 14 días de 70 casos por 100.000 hatibantes, fronte aos 41 da media galega. A taxa de positividade nesta área está en 2,60. Intensificaranse os cribados nesta zona, aos que o presidente pide á cidadanía que acuda.

                        Este es la plantilla de ECG
                        12:40 h.

                        Situación de estabilidade e control

                          Alberto Núñez Feijóo lembra que desde hai varias semanas a Xunta plantexou a "idoneidade" de ir diminuindo o uso da máscara nos exteriores "pola boa evolución da pandemia en Galicia". O presidente repasa os últimos datos do COVID na comunidade, con 1.269 casos activos, 13 ingresados na UCI e 36 en planta. A taxa de incidencia en Galicia a 7 días é de 21,2 casos por 100.000 habitantes, practicamente a metade que no resto do Estado. A taxa de positividade é do 1,9, a segunda máis baixa de España. Cre Núñez Feijóo que estes datos reflicten que temos en Galicia unha situación de estabilidade e control da pandemia.

                          Este es la plantilla de ECG
                          12:35 h.

                          Comeza a rolda de prensa do presidente

                            23 jun 2021 / 12:12
                            • Ver comentarios
                            Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
                            TEMAS
                            Tema marcado como favorito
                            Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.