Galicia

As eleccións a reitor da Universidade de Santiago serán o 23 de febreiro

Desaparecen as urnas físicas e por primeira vez as votacións para os representantes do claustro serán vía electrónica

  • 15 nov 2021 / 15:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A USC elixirá novo reitor o vindeiro 23 de febreiro. Esa é finalmente a data na que se convocan as eleccións segundo o calendario da resolución reitoral publicada este luns, na que se establece ademais que as votacións serán exclusivamente por vía electrónica. Por primeira vez desaparecen as urnas presenciais nuns comicios a reitor e representantes no claustro da USC. O día elexido confirma o adianto técnico do que informou xa este diario a pasada semana.

Na mesma xornada elixiranse igualmente representantes de todos os sectores no Claustro Universitario, así como de estudantes nas Xuntas de Centro. O obxectivo deste adianto electoral, según informa a Universidade compostelá, é evitar que se dilaten os tempos de constitución dos órganos colexiados e, deste xeito, lograr que o próximo equipo de goberno poida adoptar as súas propias decisións en materia orzamentaria. Dende este luns 15, xa se pode realizar a consulta individualizada de inclusión nos censos provisionais.

Outra data destacada do calendario electoral é a publicación do censo definitivo o vindeiro 29 de novembro. Ademais, o período para a presentación de candidaturas nos tres procesos electorais estenderase entre o 30 de novembro e o 13 de decembro. A presentación deste trámite e dos escritos relacionados con esta convocatoria deberá facerse a través da aplicación electoral, antes das 14.00 horas do día no que remate o prazo de presentación.

Xa o 14 de febreiro de 2022 está prevista a proclamación definitiva de candidaturas que dará paso ao desenvolvemento da campaña electoral, entre os días 15 e 21 de febreiro. Logo da xornada de reflexión do 22 de febreiro, as votacións por vía electrónica celebraranse o 23 de febreiro entre as 9.00 e as 19.00 horas. A proclamación definitiva do reitor ou reitora, de non ter que levarse a cabo unha segunda volta, será o 9 de marzo.

Sistema de votación. Os electores/as terán que conectarse a través da súa Secretaría Virtual, ou ben dende a páxina web electoral, na que se habilitará unha ligazón á aplicación de voto. En caso de non poder conectarse, as persoas interesadas deberán poñelo en coñecemento da Comisión Electoral Central ou da Secretaría Xeral a efectos de que se tomen as medidas oportunas para resolver a incidencia. A comunicación farase a través da conta de correo evoto@usc.es

O proceso electoral consistirá na emisión de votos dende un dispositivo conectado a Internet ata unha urna dixital remota situada nun recinto protexido e baixo a custodia da Comisión Electoral Central da USC. A USC garantirá que a infraestrutura tecnolóxica que dá soporte ao sistema electoral contemple as medidas de seguridade que garantan o correcto funcionamento durante o período no que se exerce o dereito ao voto, o secredo e a privacidade do votante, a integridade do voto e un escrutinio disociado.

O actual reitor, Antonio López, xa adiantou en setembro, durante o acto de inauguración do inicio de curso, a súa vontade de repetir mandato, polo que se da por feito que concurrirá ás eleccións. No aire está ainda se terá enfrentre algunha outra candidatura.

Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.