Santiago

As lapas, o fume e as altísimas temperaturas acabaron por afectar a estrutura da vivenda

  • 11 oct 2020 / 10:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Servizo de Emerxencias da Estrada relata no seu muro de Facebook o que foi “unha noite complicada”. Ás 03:00 horas, na madrugada, recibiron aviso do CAE112 notificando un incendio nunha vivenda en Teo, “sendo esta coñecida por ser a casa do ‘Caso Asunta’. A totalidade da casa viuse afectada polo lume e fume. Ademáis as altísimas temperaturas que se alcanzaron e que dificultaron inicialmente as tarefas de extinción, tamén danaron seriamente a estructura da vivenda”. Os equipos de emerxencias interviñeron cun camión e tres efectivos en colaboración cos bombeiros de Ordes e P.C de Teo. Ata o lugar tamén se desprazou a Garda Civil.

Hai pouco, El Correo Gallego daba conta do mal estado de conservación no que estaba a casa. A noticia comentaba a “desoladora imaxe do chalé no que foi asasinada Asunta Basterra, un crime perpetrado polos seus pais, que están entre reixas por iso. Nesta casa, que sufriu polo menos un roubo, a maleza campa ás súas anchas, o enorme xardín está descoidado e, paradoxalmente, aínda que sobre o peche de pedra hai púas e cristais, algo que non está permitido; a porta traseira non ten protección. A propiedade atópase á venda, sen éxito. Os veciños nin se achegan por ‘yuyu’. Un deles si desliza timidamente que coñece ben a mansión, incluídas as obras de arte distribuídas no seu interior, e que, se por el fose, compraríaa porque é ‘preciosa’, pero a súa muller non quere nin sequera que se mente tal posibilidade”.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.